Salientar que esta mañá a ministra de Fomento, Ana Pastor, acompañada do conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, e do Secretario Xeral de Infraestructuras, Manuel Niño, realizou una visita ás obras de Eixo Atlantico de Alta Velocidade, para comprobar a evolución dos traballos do viaducto do río Ulla en Catoira.
Trátase dunha estrutura espectacular de 240 metros de lonxitude máxima entre pilas, que baterá o récord mundial de luz na súa tipoloxía (taboleiro mixto hormigón-aceiro) e que terá un custo de 117,5 millóns de euros.
Ratificou que o Eixo Atlántico, que vertebrará Galicia de Norte a Sur, estará terminado na presente lexislatura, si non hai problemas técnicos pués non os hai de orde económica, xa que hai orzamentos.
Nese senso, dixo que entre 2012 e 2014, destínanse a este Eixo entre Santiago e Vigo máis de 700 millóns de euros. Sinalou que a parte de obra civil estará finalizada en 2014 e informou que o tempo de viaxe unha vez finalizadas as obras do tramo Santiago-Vigo do AVE será de 45 minutos, mentres que entre Vigo e A Coruña será de 1 hora e 10 minutos.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta