jueves, 28 de noviembre de 2013

Crecemento do Produto Interior Bruto (PIB) de Galicia e de España

Segundo os resultados da Contabilidade Nacional Trimestral (CNTR), publicados hoxe polo INE, o PIB en volume, corrixido de calendario e estacionalidade, rexistrou no terceiro trimestre un crecemento intertrimestral do 0,1%, primeira taxa positiva logo de nove trimestres de caídas consecutivas.

En términos interanuais, o PIB diminuíu un -1,1%, medio punto menos que no trimestre anterior. Na zona euro o crecemento intertrimestral foi tamén do 0,1%.
Afirmou o secretario de Estado de Economía e Apoio á Empresa, Fernando Jiménez Latorre que no terceiro trimestre de 2013 a economía española saíu técnicamente da recesión grazas a que o consumo e o investimento rexistraron taxas de crecemento positivas.

 Neste periodo non se destruíu emprego en términos de contabilidade nacional, e continúa a mellora nas contas externas.
 
 Sobre estas bases máis sólidas, Jimenez Latorre, manifestou que “esperamos iniciar un proceso de crecemento económico sostido para o que é preciso continuar coa consolidación fiscal e as reformas estructurales”.
Outra excelente nova coñecida hoxé foi que a economía galega rexistrou taxas positivas de crecemento durante o terceiro trimestre do ano, o que supón que, por primeira vez dende o ano 2011, o Produto Interior Bruto (PIB) de Galicia medra en comparación co trimestre anterior. Así mesmo, a economía galega tivo unha evolución interanual mellor que a estatal, o que lle permite manter o diferencial positivo co conxunto de España.
Segundo os datos publicados hoxe polo Instituto Galego de Estatística (IGE) correspondentes ao terceiro trimestre de 2013, o PIB galego rexistrou unha variación intertrimestral do 0,1%. Este dato coincide co comportamento do PIB estatal no mesmo período, e significa que por terceiro trimestre consecutivo a evolución intertrimestral é mellor que no período anterior.
Os datos do IGE tamén indican que a evolución da economía galega no último ano segue a ser mellor que a do conxunto do Estado. De feito, a evolución interanual do PIB autonómico no terceiro trimestre (-0,9%) foi dúas décimas mellor que a media española (-1,1%), polo que o diferencial positivo mantense respecto ao segundo trimestre.
Ademais, o comportamento interanual da economía galega segue mellorando respecto aos meses anteriores. O dato do terceiro trimestre en Galicia é medio punto mellor que no segundo trimestre e sete décimas mellor que no primeiro trimestre. Por iso, as cifras feitas públicas hoxe polo IGE mostran que se está a producir un cambio de tendencia na economía galega, e que a Comunidade galega afronta o inicio da recuperación económica.
Galicia vén mantendo o diferencial positivo en todo este 2013 e tamén pechará o ano en mellor posición que España, cumprindo as previsións para o presente exercicio. Ademais, a estimación para o 2014 indica que a economía galega seguirá tendo mellor comportamento que a media estatal, e que o PIB galego recuperará taxas interanuais positivas.

Segundo o IGE, as exportacións de bens e servizos no terceiro trimestre do ano medraron en Galicia un 9,6% en comparación co mesmo período do ano pasado, mentres que o sector primario rexistrou taxas positivas por primeira vez dende 2012.


Unhas moi boas novas que desexo sigan nos vindeiros trimestres.



Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta