A gran noticia financeira
de hoxe, é que a Comisión Rectora do Fondo de Reestructuración Ordenada
Bancaria (FROB) comunicou que tras estudar as ofertas vinculantes recibidas no
proceso de venda do 88,3 % de NGC Banco, decidiu adxudicar esa entidade a Banco
Etcheverría S.A./ GrupoBanesco.
A oferta
realizada por este Banco ascende a 1.003 millóns de euros. Segundo ela, Banesco
desembolsará o 40 % ao formalizarse a operación, mentres que o 60 % resto
abonarao en sucesivos prazos ata 2018.
O FROB explica
que a proposta de Banesco-Banco Etchevarría está 200 millóns por encima da
segunda mellor recibida e tamén a supera nun 50 %, que eran as dúas condicións
que esixía o FROB.
Coa adxudicación de Novagalicia, o FROB dá cumprimento ao mandato de resolución
da entidade acordado con Europa e respecta os obxectivos e principios do mesmo,
destinados a minimizar as axudas públicas e garantir a estabilidade financeira.
Comparto a valoración do presidente da Xunta de Galicia sobre esta decisión,
que "é inapelable porque cumpre estrictamente os criterios da venda de
Novagalicia Banco, os criterios da Unión Europea e os criterios do Banco de
España e do Fondo de Reestructuración Ordenada Bancaria".
E que é unha adxudicación
transparente, unha adxudicación limpa e unha adxudicación contundente, porque o
prezo é máis do 50% superior aos prezos doutras entidades que se
presentaron",e que se trata de "a mellor decisión para España e para
Galicia".
Así que como di Feijóo , desexar "sorte" ao comprador e pedirlle que
"faga unha aposta por Galicia, unha aposta polos créditos ás familias e ás
empresas galegas". E que se comprometa a manter os servizos centrais, o
domicilio e a sé social na comunidade e, "en consecuencia, cumpra a
proposta que foi adxudicataria"
Novagalicia Banco é unha entidade moi importante para Galicia. Recordemos que
recentes datos deste mes acreditan que consolida a súa cota de penetración na nosa Comunidade por encima do 40% e que máis da metade dos galegos que traballan con
entidades financeiras son clientes dela.
E resaltar que
NCG Banco obtivo nos primeiros nove meses de 2013, 90 millóns de euros de
beneficio antes de impostos.
O beneficio multiplicou por 4,7 veces a previsión
do plan de recapitalización aprobado en decembro, que establecía un beneficio
antes de impostos de 19 millóns de euros para todo o exercicio 2013.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta