Hoxe participei na viaxe inaugural do servizo directo de trens de alta velocidade entre España e Francia que saíu ás 11.30 horas da estación de Sants de Barcelona con destino a Perpignan. No "Palais de Rois de Majorque" tivo lugar o acto oficial de inauguración e as intervencións dos ministros.
Por España interveu a ministra de Fomento de España, Ana Pastor, e por Francia o ministro delegado de Transportes de Francia, Frédéric Cuvillier. E tamén o fixeron os presidentes de Renfe e SNCF.
Trátase dunha alianza estratéxica entre estas dúas empresas líderes na Alta Velocidade ferroviaria para prestar tráficos internacionais.
O servizo de trens AVE e TGV lánzase ao mercado coa denominación Renfe-SNCF en cooperación e a oferta estréase con cinco trens diarios por sentido As novas conexións directas de alta velocidade unirán Barcelona e París (con dous trens diarios por sentido), Madrid e Marsella, e Barcelona con Lyon e con Toulouse. Ao longo de 2014 o servizo conxunto irase ampliando en frecuencias e destinos.
A colaboración estratéxica hispano francesa, que se iniciou en 1996, estreitouse para a posta en marcha do novo proxecto conxunto de servizo directo de viaxeiros de alta velocidade.
Renfe e SNCF aportaron a este proxecto de xeito inicial dez trens de alta velocidade cada unha, e cooperado no seu proceso de homologación cruzada. Ademais, definen de forma conxunta a estratexia de marketing, comercialización e coordinación da produción da oferta.
A viaxe entre Barcelona e París realízase en 6 horas 25 minutos en viaxe directa desde a estación de Barcelona Sants ata a Estación de Lyon en París, con parada en Girona, Figueres, Perpiñán, Narbona, Montpellier, Nimes e Valence. A oferta inicial é de dúas frecuencias diarias por sentido.
Madrid e Marsella están a sete horas en tren directo entre Madrid Porta de Atocha e a estación de Saint Charles de Marsella, que conectará ademais de con Barcelona, Girona e Figueres, con Perpiñán, Béziers, Montpellier, Nimes, Aviñón e Aix-en Provence. De Barcelona a Toulouse viáxase desde hoxe en 3 horas (con parada en Carcasonne) e entre Barcelona e Lyon en menos de cinco horas.
Madrid e Marsella están a sete horas en tren directo entre Madrid Porta de Atocha e a estación de Saint Charles de Marsella, que conectará ademais de con Barcelona, Girona e Figueres, con Perpiñán, Béziers, Montpellier, Nimes, Aviñón e Aix-en Provence. De Barcelona a Toulouse viáxase desde hoxe en 3 horas (con parada en Carcasonne) e entre Barcelona e Lyon en menos de cinco horas.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta