Hoxe Consello de Ministros aprobou un Real Decreto Lei que fixa un mecanismo
transitorio para calcular o prezo voluntario ao pequeno consumidor para a
electricidade no primeiro trimestre do ano 2014, trala anulación da poxa que fixaba
tradicionalmente parte do precio do recibo da luz.
Recordemos que o prezo
resultante da poxa invalidada tería
conlevado unha suba do 10,5 por 100 da factura de máis de dezaseis millóns de
consumidores.
Debido á imposibilidad de repetir a poxa antes do 1 de xaneiro de 2014, o Goberno establece un mecanismo transitorio para fixar o compoñente de enerxía do recibo, que reflicte o que custa xerar a electricidade. Este mecanismo baséase na proposta da Comisión Nacional dos Mercados e Competencia, que ten como referencia a cotización do mercado de futuros.
Como resultado deste mecanismo transitorio, a tarifa da luz á que poden acollerse a maior parte de familias e algunhas Pemes subirá un 2,3% de media a partir do 1 de xaneiro. Esta subida é resultado do alza do 1,4 por 100 no compoñente de enerxía do recibo, fixado co novo mecanismo, e do 0,9 por 100 das peaxes eléctricas, que financian os custos regulados do sistema.
Tamén tralo Consello de Ministros desta mañá, infórmase que en paralelo, o Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo traballa xa na elaboración dun novo mecanismo definitivo para fixar o compoñente de enerxía do recibo que corrixa os fallos estructurales detectados. O mecanismo estará en vigor para a revisión do segundo trimestre do ano.
Este mecanismo, xunto coa
reforma do mercado maiorista de electricidade que está preparando o Ministerio
de Industria, Enerxía e Turismo, completarán a ampla reforma enerxética que
emprendeu o Goberno nesta Legislatura e que ten como obxectivo contar cun prezo
da luz o máis baixo e competitivo posible.
O Goberno xa reformou a parte regulada do sistema cun amplo paquete de medidas que reduciron custos e elevaron ingresos e que lograron equilibrar o sistema eléctrico.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta