lunes, 30 de diciembre de 2013

Aprobado o expediente de información pública da variante Norte de Ourense

Publica hoxe o BOE, o anuncio da Demarcación de Estradas do Estado en Galicia sobre Resolución do Ministerio de Fomento pola que se aproba o expediente de información pública do proxecto de trazado “Variante Norte de Ourense. Tramo: Enlace coa estrada N-120 no punto kilométrico (p.k.) 573,8 - Enlace coa estrada N-525 no p.k..241,00”, na provincia de Ourense.

Este proxecto de trazado tiña sido aprobado provisionalmente e a relación de bens e dereitos afectados polas expropiaciones necesarias para realizar a obra sometida a información pública en canto á necesidade de ocupación mediante publicación de anuncio no BOE de 27 de novembro de 2010.

O proxecto, enmarcado na cidade de Ourense, consiste na conexión da estrada N-120 ao Oeste da cidade co enlace da Casilla, que conecta a estrada N-525 en sentido Lugo-Santiago coa ponte de Velle e a estrada N-120 sentido Monforte, mediante unha autovía de 4,8 km dotada de calzadas separadas e dúas carriles por sentido de circulación.

O orzamento de licitación das obras estímase en 148 millóns de euros, cantidade que sumada ao importe das expropiaciones, ao programa de vixilancia ambiental e ao 1 % cultural supon un investimento total estimado en 158 millóns de euros.

O trazado ten a súa orixe no enlace de Eirasvedras, baixo o paso superior do ramal da estrada N-120 que dá acceso a Ourense a través da calzada unidireccional da estrada N-120, e finaliza no enlace da Casilla, sobre o que se deseñan dous ramais de conexión. Este enlace está previsto no proxecto de construción en redacción para o tramo Ourense-Cambeo da autovía A-56 Ourense-Lugo, cuxa información pública foi aprobada recentemente.

Ademais do enlace de Eirasvedras construirase o enlace de Quintela, con dous ramais de acceso que permitirán o movemento entre a estrada N-120 (Ourense) e a variante Norte, así como o movemento variante Norte de Ourense (Santiago) e a estrada N-120 a Vigo.

Co fin de salvar o Monte Ou Castro e as edificaciones do barrio de Eiroas, proxéctase un túnel bi-tubo de 850 metros de lonxitude, con dous tramos de túnel artificial en ambos extremos para unha mellor integración paisaxística e a adecuada reposición de rúas e estradas afectadas. 

En canto ás estruturas previstas, cabo destacar a execución de 3 viaductos (Quintela, río do Porto e sobre o ferrocarril Ourense-Santiago), 4 pasos superiores e 2 pasos inferiores.

Sen dúbida trátase dunha moi boa noticia, que acredita que o Goberno mantén o compromiso con esta importante infraestructura de circunvalación da cidade.

O próximo paso administrativo deberá ser a aprobación do proxecto de trazado e a adopción do acordo de inicio as expropiacions. 


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta