martes, 17 de diciembre de 2013

Aprobados os orzamentos da Xunta de Galicia para o ano 2014

O vindeiro xoves aprobaremos no Pleno do Congreso o Proxecto de Lei de Orzamentos do Estado para 2014, e logo irá ao Senado.
 
E hoxe o Parlamento de Galicia aprobou os orzamentos da Xunta de Galicia para o ano 2014, unhas contas que o voceiro do GPP,  Pedro Pui calificou de “continuistas porque seguen impulsando a axenda reformista do sector público, garantindo a súa sostibilidade a longo prazo e non xerando déficit estrutural; con reformas estruturais da nosa economía para facela máis competitiva e loitar pola igualdade e o Estado de Benestar
 “Os orzamentos son continuistas porque seguen axustándose ao cumprimento do déficit e ao compromiso que asumimos coa sociedade nas últimas eleccións: facer sostibles as finanzas públicas para nunca volver a pasar a situación que estamos a vivir”, manifestou o portavoz popular.
 Pedro Pui destacou que “teñen un endebedamento razoable dentro dos compromisos institucionais” e puntualizou que Galicia “é a terceira comunidade autonómica na que menos crece o endebedamento neto este ano, temos o mesmo rating que o Estado, non dependemos nin do Fondo de Liquidez Autonómica nin do plan de provedores, somos a segunda comunidade que paga antes, temos unha política fiscal que combina rebaixas selectivas coa redistribución, e conseguimos que creza o gasto social”. “Ao mesmo tempo, mantemos o investimento público e somos a segunda comunidade autónoma en gasto de capital por habitante”, anotou.
 O portavoz do GPP reiterou que se trata duns orzamentos “axeitados para loitar contra a crise nun contexto novo no que non valen vellas receitas, nun mundo globalizado no que se dilúe o poder político dos estados, asistimos a unha construción europea cun mercado único que limita a capacidade de actuar, dada a liberdade de movemento de capitais, persoas e produtos; e cunha política monetaria común que condiciona a política fiscal e de rendas dos Estados”.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta