Aproveito para facer un somero balance da actividade deste blog neste último ano.
Foron un total de 396 entradas as publicadas, é dicir máis dunha por día.
Os temas tratados foron variados, como variada é a actividade parlamentaria, aínda que máis orientados aos intereses ourensans e galegos, e por suposto aos que gardan relación coas comisións do Congreso nas que teño máis participación: Fomento, Economía e Competitividade e Industria, Enerxía e Turismo.
Fixen un estudo pormenorizado e estes foron os temas máis abordados:
. Ferrocarril: 11,61 %
. Actividade do Congreso: 7,32 %
. Emprego e paro: 6,06 %
. Actividade de Rajoy: 5,30 %
. Actividade de Feijóo: 4,54 %
. Presencia nos medios de comunicación: 4,54 %
. Sector Naval: 4,54 %
. Estradas: 4,29 %
. Vivenda: 3,78 %
. Orzamentos Públicos: 3,78 %
. Sanidade, asuntos sociais, pensións: 3,28 %
. Medio Ambiente: 2,77 %
E por áreas, destaca a dedicada a Economía (117 entradas, o 29,54 %), a Política Xeral (87 entradas, o 21,96 %) a Fomento (85 entradas, o 21, 46%) e a dar conta da asistencia a actos e eventos (47 entradas, o 11,86 %).

Quero, agradecer aos lectores deste blog – ocasionais e habituais - a súa atención e os comentarios que a través do correo electrónico fixéronme ás diferentes entradas.
E finalmente desexarlles a todos unha:
"Feliz noitevella e un excelente ano 2014"
"Feliz noitevella e un excelente ano 2014"
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta