jueves, 19 de diciembre de 2013

En Radio Voz falando do proceso de venda de NCG Banco


Hoxe participei, como todos os xoves de 8,35 a 9,30 horas no faladoiro de Radio Voz que modera Antía Díaz Leal, e na que compartín micrófonos con Olaia Fernandez Davila e Laura Seara, ambas deputadas no Congreso.
Nesta ocasión o tema central foi a noticia de que o Banco Etcheverría Grupo Banesco gañou a poxa de NCG.

Fixen unha valoración positiva por canto o prezo ofertado de 1.003 millóns, superaba en 200 millóns á segunda oferta, e pola tanto a adxudicación era inapelable.

Resaltei o compromiso expresado onte mesmo polo adxudicatario de manter a xestión, a sé, a obra social en Galicia, e o emprego. E que anuncie que abordará a concesión de novos créditos a familias e Pemes por un monto superior aos 9.000 millóns de euros.


Tamén valorei o anuncio de que manterá a maioría das oficinas da rede de NCG Banco na Comunidade e que en Galicia permanecerá o talento profesional do Banco Etcheverría e NCG Banco e o coñecemento tecnolóxico desenvolvido por ambas entidades. Así o expresa esta entidade nun comunicado.

Antes as críticas de que sendo o total de axudas recibidas de 8.981 M€ e o retorno de 1.003 M€, o erario público perde, dixen que a formulación de axudas públicas á Banca non é un tema exclusivo de España.


Citei ao vicepresidente da Comisión Europea e titular de Competencia, Joaquín Almunia que a finais de novembro no Parlamento Europeo, informou que España é o cuarto país da Unión Europea que, con 60.000 millóns de euros, deu máis axudas públicas á banca para recapitalizarla entre 2008 e 2012, incluíndo o rescate bancario.


Pero tamén dixo Almunia que entre 2008 e 2012 os Estados da UE recapitalizacion aos seus respectivos bancos e entidades financeiras por valor de 413.200 millóns de euros.

E dixen que outros grandes países da UE recapitalizaron aos seus Banco, por exemplo o Reino Unido (82.000 millóns de euros), Alemania (64.000 millóns) e Irlanda (63.000 millóns), e que o mesmo se fixo en Estados Unidos ou en Xapón.

No faladoiro tamén falei da existencia dun proceso de venda de NCG Banco S.A. feito con transparencia, que foi responsabilidade do Fondo de Reestructuración ordenada Bancaria.


E é a consecuencia de que o plan de resolución de NCG establecía a obrigación de venda e que por iso se definiu unha estratexia de venda que contemplaba unha desinversión acelerada, para obter un mellor prezo e xa que logo minimizar o uso de recursos públicos.

Un proceso liderado polo FROB que foi informado ao Parlamento e que foi controlado polas autoridades comunitarias e nacionais.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta