viernes, 6 de diciembre de 2013

Conmemorando os 35 años da Constitución






Esta mañá acudín ao Auditorio municipal onde celebramos o acto institucional do día da Constitución, que hoxe cumpre 35 anos.

Comezou coa interpretación de varias pezas a cargo da banda infantil de música Luís Costa, de Ribadavia, por certo con gran calidade,

Logo trala proxección dun video, foi o momento de entrega a nenos e mozos dos diplomas para premiar os mellores traballos do concurso escolar da Constitución. 

Tamén houbo recoñecementos para entidades como o Centro de Educación Especial Miño o Comité Antisida e para o garda civil, Páez.

A continuación, o Subdelegado do Goberno, Roberto Castro, pronunciou un moi bo discurso en forma e contido. Cito aquí algúnha das súas mensaxes:

«Afastámonos das orixes aprendidas e dos saberes inculcados. Apenas temos en conta os valores morais herdados nin a educación humanista recibida, sinónimos diferenciadores do progreso da vella Europa».

«Témola obriga de insistir no aproveitamento dos recursos; na valorización dos tempos empregados; na excelencia dos servizos prestados; na renuncia dos modelos ineficaces e obsoletos, e na colaboración leal entre todos».