lunes, 16 de diciembre de 2013

Grandes oportunidades para Barreras coa toma accionarial de PEMEX/PMI

Celebramos hoxe, a moi boa nova do acto no que se oficializou en Vigo a toma accionarial de Pemex/PMI en Hijos de J. Barreras, que implican novos compromisos da petroleira mexicana para xerar carga de traballo.
Nese acto o presidente da Xunta subliñou que “É unha excelente noticia para Vigo, para Galicia e tamén para toda a industria naval española”, e lembrou que o “Goberno galego nunca dubidou de Pemex nin do seu traballo nin da súa profesionalidade e rigor”
Aberto Núñez Feijóo referiuse tamén ao compromiso do presidente de México, Enrique Peña Nieto, e do presidente do Goberno de España, Mariano Rajoy, recoñecendo “o seu esforzo, dedicación e tutela, que mantivo en todo momento para que hoxe podamos estar aquí –dixo en alusión ao acto- e podamos ofrecer ao naval de Vigo, á industria auxiliar, a Galicia e ao resto de España un horizonte moito máis optimista do que tiñamos hai uns meses”.
Concluíu Feijóo recoñecendo que se ben os problemas conxunturais do sector naval –o contencioso ante a UE polo tax lease ou a reestruturación financeira á que se viu abocada España- supuxeron a diminución dos ritmos de execución do acordo estratéxico que Galicia e Pemex asinaron en Santiago, pero asegurou que “todo iso se foi superando”, e cualificou de “gran acerto” a alianza estratéxica “que pouco a pouco se irá formando entre España e México, un dos países máis importantes do mundo”.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta