jueves, 26 de diciembre de 2013

No faladoiro de Radio Voz, valorando a mensaxe do Rei

Hoxe as 8,50 horas tivemos o habitual faladoiro en Radio Voz que nesta ocasión moderou Loreto Silvosa e no que ademais dos parlamentarios nacionais contoamos tamén coa prestixiosa intervención do catedrático Roberto Blanco Valdés

Falamos da mensaxe de Nadal da SM O rei Don Juan Carlos.

Eu dixen que estabamos diante do discurso propio dun Xefe de Estado que, felicita aos cidadans o Nadal, ao tempo que fai reflexións e expresa conviccións. E que foi un discurso completo, tendo en conta as limitacións de tempo deste tipo de aloocucións.    

Valorei o feito de que Don Juan Carlos aludira con crudeza a crise económica e citara a todos aqueles a quen está golpeando mais duramente: parados, mozos, pensionistas, autónomos, etc.

Considereie como acertadas asi sus referencias á política e aos casos de falta de exemplaridade na vida pública, e que reclamara un cambio de actitude e un compromiso ético en todos os ámbitos. E, que mesmo Don Juan Carlos, dixera que “asumo as esixencias de exemplaridade e transparencia que hoxe reclama a sociedade”

Importante foi que aludira a que hai voces na nosa sociedade que queren unha actualización dos acordos de convivencia. E que dera unhas pautas de resolución destas cuestións: realismo, esforzo, funcionamento correcto do Estado de Dereito e xenerosidade das forzas políticas e sociais representativas.

Dixen que ainda que poida parecer unha obviade é razoable e mesmo necesario que o Rei, recorde todo o que nos une qué é moito máis que o que nos distancia: a construción da nosa democracia, a resolución de problemas complexos, os afectos e lazos históricos, e culturais,  a convivencia lingüística, etc. 

E rematei salientando o chamemento do Rei á comunidade intelectual para que cos seus coñecementos, e pensamentos axuden a guiar a sociedade neste mundo complexo e global.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta