Como é sabido o 28 de decembro do pasado ano, o Consello de Ministros aprobou un plan de racionalización dos servizos de transporte ferroviario de viaxeiros de media distancia financiados polo Estado.
A aplicación deste Plan conllevó a supresión dalgunhas circulacións, e a modificación de determinados horarios.
Cito aquí o caso do Rexional Exprés que une Ponferrada-Valdeorras-Monforte-Ourense, que desde o 3 de xuño de 2013 modificou os seus horarios.
Así antes este tren que antes desa data chegaba a Ourense ás 8,41, faino agora ás 11,59 horas, que non é precisamente a mellor para aproveitar o día.

Como era de esperar houbo reaccións de veciños, empresarios e tamén das autoridades que os representan, como os seus Alcaldes e Deputados.
Afortunadamente RENFE foi sensible a estas demandas e resolveu que desde o 12 de Xaneiro de 2014, o Tren-Hotel 00922 procedente de Barcelona e con destino final Vigo, oferte prazas a prezo de tren de Media Distancia no traxecto comprendido entre Ponferrada e Vigo.
Desde o 19 de decembro xa é posible adquirir os billetes nos puntos de venda e na web de Renfe, cos seguintes prezos:

As tarifas de ida e volta teñen un desconto do 20% sobre os prezos da Tarifa Xeral.
Estes prezos son sensiblemente inferiores en relación cos que dispoñía ese mesmo Tren-Hotel ata a data.
A xusta petición inicial da comarca de Valdeorras queda neste caso ampliada a totalidade do traxecto entre Ponferrada-Vigo.
Abre ademais oportunidades aos usuarios da capital da provincia que a partir do 12 de xaneiro poderán subirse en Ourense ao Tren-Hotel e viaxar en dirección a Vigo.

Celebro esta intelixente decisión de RENFE na liña de usar trens de longa distancia para a prestación de servizos de media distancia convencional cando sexa posible e necesario.
http://www.laregion.es/noticia/272702/avelinogarcia/trenhotel/renfe//valdeorreses/tendran/vagon/aparte/hotel/
http://www.laregion.es/noticia/272702/avelinogarcia/trenhotel/renfe/
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta