O
Servizo Público de Emprego Estatal difunde hoxe os datos oficiais do paro
rexistrado correspondentes ao mes de novembro de 2013.
O numero
de parados queda en 29.132, deles 13.935 son homes e 15.197 mulleres, 27.101
son maiores de 25 anos e 2.031 menores.
Sube en todas as provincias (Pontevedra a que máis). O
aumento vincúlase principalmente ao sector servizos (+2.092). O desemprego só
baixa na construción (-218), ao igual que o mes pasado.
Non podemos facer unha valoración positiva destes datos. Con todo, en
Galicia este mes hai que facer fincapé nun dato: por primeira vez, desde 2007,
hai unha interanual negativa. Non só nun mes de novembro, senón en calquera mes.
É a primeira vez que o desemprego baixa con respecto ao ano anterior desde hai
6 anos.
O paro baixou
en novembro en - 2.475 persoas, un – 0,05 %. Queda situado en 4.808.908
persoas. Deles 2.329.208 son homes e 2.470.700 son mulleres. 4.356.582 son
maiores de 25 anos e 452.326 menores.
Recibirá resposta.
Con respecto aos datos mensuais, o aumento rexistrado este mes é a subida máis
moderada en termos relativos e absolutos dun mes de novembro desde o ano 1998.
No que vai de 2013, acumúlase un descenso de 7.933 persoas (no mesmo período do
ano pasado, o paro subía en 18.302 persoas).
España:
Por
sectores, 208.954 son da agricultura, 510.258 da industria, 646.388 da construción,
3.059.016 nos servizos e 384.292 do colectivo sen emprego anterior.
Celebrar o dato de que o paro rexistrado en España caeu por primeira vez
nun mes de novembro (hai series históricas comparables desde 1996 e nunca
baixara neste periodo, sempre moi negativo para o emprego).
Nos últimos 12 meses, o paro caeu en 98.909 persoas, encadeando xa dous
meses de caídas interanuais.
En concreto, en novembro de 2013 había en España un 2,02% menos de parados que
en novembro de 2012.
Desde maio do ano pasado, esta taxa acumula un descenso de 14,5 puntos (é
dicir, hai pouco máis dun ano o paro crecía a un ritmo superior ao 12% en
términos anuais).
Así mesmo, no que levamos de ano (xaneiro-novembro), o desemprego diminuíu en 38.723 persoas. O ano pasado por estas mesmas datas, falabamos dun incremento de 485.458.
Así mesmo, no que levamos de ano (xaneiro-novembro), o desemprego diminuíu en 38.723 persoas. O ano pasado por estas mesmas datas, falabamos dun incremento de 485.458.
Hai que remontarse a 2006 para atopar un dato mellor, e entón o PIB crecía a un
ritmo do 4,2% interanual, fronte á caída do 1,1% correspondente ao terceiro
trimestre de 2013.
En términos desestacionalizados as cifras son mellores, xa que descende por cuarto mes consecutivo e faino en 40.885 persoas. É a maior disminución nun mes de novembro, e a segunda de toda a serie histórica.

Desde o ano 2006 non se rexistraba unha diminución do paro desestacionalizado
de xeito consecutivo nos meses de agosto, setembro, outubro e novembro.
O paro rexistrado entre os mozos menores de 25 anos diminuíu nos últimos 12 meses en 34.047 persoas, o que supón un 7% de caída interanual.
Fonte: Servizo Público de Emprego Estatal
O paro rexistrado entre os mozos menores de 25 anos diminuíu nos últimos 12 meses en 34.047 persoas, o que supón un 7% de caída interanual.
Fonte: Servizo Público de Emprego Estatal
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es