Hoxe o Pleno do Congreso dos Deputados, tivo un
importante contido lexislativo.
A sesión comezou co debate das enmendas do Senado ao Proxecto de Lei de impulso da factura electrónica e creación do rexistro contable de facturas no Sector Público, que conclúe así a súa tramitación parlamentaria, xa que quedaron aprobadas.

A continuación ratificáronse as enmendas da Cámara Alta ao proxecto de Lei
Orgánica de control da débeda comercial no sector público, que obtivo 187 votos
a favor, 134 en contra e 4 abstencións na votación de conxunto, necesaria por
tratarse de lei orgánica.
Tamén foron aprobadas as enmendas do Senado ao proxecto de Lei do Sector
eléctrico; e ao Proxecto de Lei reguladora do Factor de Sostibilidade e do
Índice de Revalorización do Sistema de Pensións da Seguridade Social.
Así mesmo, aprobáronse as enmendas do Senado ao Proxecto de Lei de Orzamentos Xerais do Estado para 2014, salvo puntuales excepcións.
Polo tanto os Orzamentos conclúen así a súa tramitación parlamentaria e queda
lista a Lei para ser publicada no Boletín Oficial do Estado e entrar en vigor o
1 de xaneiro de 2014.
Tamén se debateron e aprobaron as enmendas do Senado ao Proxecto de Lei de caixas de aforros e fundacións bancarias; e ao Proxecto de Lei de racionalización e sostibilidade da Administración Local.
Tamén se debateron e aprobaron as enmendas do Senado ao Proxecto de Lei de caixas de aforros e fundacións bancarias; e ao Proxecto de Lei de racionalización e sostibilidade da Administración Local.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta