Outra nova de interés do Consello de Ministros de hoxe, foi a aprobación mediante Real Decreto-Lei, da segregación de Adif en dúas entidades públicas empresariais diferenciadas, adscritas ambas ao Ministerio de Fomento pero con personalidade xurídica e patrimonio propios: Adif e Adif Alta Velocidade, en razón da súa respectiva actividade principal e as notables diferenzas que presentan tanto desde o punto de vista técnico como económico e de financiamento.
A segregación responde, entre outros, aos seguintes criterios: profundar na racionalización do sector ferroviario no ámbito de competencia estatal, lograr a máxima eficiencia dos servizos nun escenario de progresiva liberalización e alcanzar a estabilidade presupuestaria.
Deste xeito, o obxectivo fundamental da segregación é o cumprimento das modificacións operadas polo Sistema Europeo de Contas (SEC 2010) e os novos criterios contables establecidos no mesmo.
Infomou a ministra Ana Pastor que para garantir a sua sostibilidade financeira, Adif Alta Velocidade financiarase con ingresos de mercado procedentes dos operadores ferroviarios e outras fontes, asumindo igualmente a débeda derivada dos bens patrimoniales transmitidos; en tanto que Adif financiarase, ademais de con os ingresos percibidos dos operadores, con transferencias desde o orzamento estatal, polo que computará no sector das administracións públicas en términos de contabilidade nacional, pero sen impacto significativo no déficit.
Neste contexto, Adif ocuparase da administración da rede convencional e de ancho métrico, así como doutras actividades asociadas e, en xeral, os negocios non transferidos a Adif Alta Velocidade, como son patrimonio, estacións da rede convencional, comunicación, internacional, etc.
Pola súa banda, a nova entidade Adif Alta Velocidade, asumirá, entre outras, as competencias en materia de construción e administración de parte das infraestructuras ferroviarias de alta velocidade, así como outras infraestructuras e funcións que se lle transfiran, os negocios de estacións de alta velocidade ou as actividades de telecomunicaciones e de enerxía.
De igual forma, o Real Decreto-Lei aprobado mantén unha estrutura organizativa única, na que o presidente de Adif e o secretario do seu Consello de Administración serano tamén de Adif Alta Velocidade; manténdose o número total de conselleiros.
Este Real Decreto-Lei prevé igualmente a posibilidade de encomenda, mediante a suscripción dos oportunos convenios de prestación de servizos, da realización por Adif de determinadas actividades para Adif Alta Velocidade, incluída a xestión dos sistemas de control da circulación e da capacidade das infraestructuras, o mantemento, a protección e seguridade cidadá, funcións corporativas, etc.
No que se refire ao persoal laboral de Adif que vén atendendo as actividades e servizos que pasarán a ser asumidos pola nova organización pública, hai que sinalar que a creación de Adif Alta Velocidade non supoñerá incremento de dotacións, retribucións nin outros gastos de persoal ao servizo do sector público.