domingo, 1 de diciembre de 2013

Feijoo: "non basta con falar de servizos públicos" senón que "hai que mantelos e sustentalos durante a crise"

 Hoxe tivemos Xunta Directiva do PPdeG, nunha data sinalada, o aniversario do inicio da presente Lexislatura.

O presidente Alberto Núñez Feijóo, afirmou que Galicia non só sairá da crise senón que, unha vez fóra, darase paso a un período más sólido, racional, solidario, eficiente e ordenado do que había ao comezo da crise.  

Amosouse convencido de que xa ninguén volverá a poñer o dobre de altos cargos que había cando chegaron á Xunta os populares, nin máis de 50 delegados cando se pode funcionar con cinco, nin se repoñerá a cantidade de coches oficiais que había antes.

Ratificou que na mesma liña reduciremos a 61 o número de deputados e ningún goberno volverá a incrementalo. 

Por outra banda, subliñou que Galicia ten cada día 2.800.000 respostas ante a crise e na suma de todas está a saída dela. E é aí, por tanto, onde están os populares e cara onde van as súas iniciativas.

Feijóo apuntou que Galicia ten agora menos déficit e menos débeda que hai un ano e rematará este 2013 con menos paro que como o iniciou, ademais, aínda que modestas, hai previsións de volver crecer. Así, se ben segue habendo datos que nos teñen que manter en alerta ante as preocupacións, tamén os hai que avalan unha esperanza para Galicia e tamén para España. 

Destacou o presidente do PPdeG, que durante estes doce meses, como durante os últimos catro anos e medio, os populares tiveron a responsabilidade de afrontar esta crise desde o goberno, o que requeriu tomar decisións complexas que os galegos entenderon. 

Neste senso, fixo fincapé en que en doce meses, avanzouse en tódolos eidos. Así, sacáronse adiante dous orzamentos públicos que contribuíron á estabilidade de Galicia; déronse pasos importantes na innovación, na internacionalización e no emprendemento, coa Axencia de Innovación e a Lei de Emprendedores; seguiuse ordenando o territorio, coa nova Lei do Solo; presentáronse avances na sanidade pública, como a Lei de Garantías; e tamén avances na educación pública, área na que Galicia se consolidou como a comunidade que dá máis oportunidades de formación aos máis novos, e nos servizos sociais, como a Lei de inclusión social. 

E lembrou que na política se está de paso e reiterou que prefire ser o ex presidente dun país solvente a o presidente dunha Galicia quebrada. 

En clave nacional falou de que  "non basta con falar de servizos públicos" senón que "hai que mantelos e sustentalos durante a crise", polo que demandou ao PSOE "un gran pacto" para garantir a sua viabilidade.

"Que fagan un exercicio de responsabilidade nos servizos públicos, pois ao Partido Socialista, logo de gobernar máis de 20 anos, podémoslle esixir, como mínimo, que non caia na demagoxia de Esquerda Unida", considerou o presidente.

 

 

 

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta.