martes, 24 de diciembre de 2013

Crecemento do turismo internacional

Unha boa noticia económica coñecida onte foi que no mes de novembro España recibiu 3,3 millóns de turistas internacionais, cun crecemento do 9,3% en relación ao ano anterior.

Nese mes odos os principais mercados emisores rexistraron incrementos, excepto Italia. Destacou o aumento neto nas chegadas de Alemania e países nórdicos. Asi-mesmo tamén foi notable o crecemento interanual do mercado ruso con preto dun 56%

Canarias e Cataluña foron as comunidades máis beneficiadas polos seus incrementos na recepción de chegadas en novembro.

E o dato máis espectacular é que entre xaneiro e novembro recibíronse 57,6 millóns de turistas, o que supuxo unha subida interanual do 5%. Países nórdicos, Reino Unido, Francia, Alemania e Rusia foron os principais artífices do aumento.


Todo indica que 2013 pechará co turismo como un motor decisivo da recuperación económica.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta