Comezou Hoxe en Valladolid a Convención , que durará ata o domingo, e na que participo.
A delegación galega está encabezada polo presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, xunto co secretario xeral, Alfonso Rueda, e veñen acompañados por unha comitiva das catro provincias de máis dun centenar de persoa.
A intervención mais importante no plenario foi a da Secretaria Xeral do PP, María Dolores de Cospedal que afirmou que o Partido Popular é o partido coa responsabilidade política máis importante de toda a democracia.
" O que se decide desde o Goberno e o que se traballa polo ben do país nótase en todos os puntos do territorio. E todos os territorios son importantes porque temos o compromiso con todos os cidadáns de seguir traballando todos os días. Traballando para construír un futuro e escribir a historia dunha España moderna, avanzada e que cre no futuro".
Dixo que a Convención fai balance dos dous anos de lexislatura e inaugura a segunda metade da legislatura e que afrontamos o peor da crise nestes dous anos, pero non se trataba só de superar a crise: ademais queremos continuar modernizando España.
Afirmou que traballamos con eficacia para que o benestar de hoxe non lastre ou hipoteque o benestar de mañá, para defender o interese xeral de todos os españois. E que o Partido Popular é un partido convencido de que é moi importante defender aos máis débiles, centrado no interese de todos, que é o que necesitan os españois, e non en aventuras extrafalarias.Un partido que defende a unidade do noso país e a soberanía nacional, porque ninguén pode negociar sobre o dereito a decidir o futuro de España.
E recordou que a unidade fainos máis fortes e que non se poden poñer límites á liberdade nin romper a unidade co pretexto de pensamentos únicos que pretenden acaparar o discurso de todo un país e que xuntos, miramos ao futuro e o construímos xuntos, mentres que outros, por separado, seguen ancorados no pasado.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta.