O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez Abad, visitaba onte a Catedral de San Martiño, en Ourense, para
comprobar o resultado da restauración realizada sobre a magnífica policromía do
Pórtico do Paraíso.
Uns traballos que afectaron a todo o espazo do Pórtico, e as pinturas e o conxunto ao completo
incluíndo os elementos arquitectónicos e escultóricos pétreos e lígneos, como a
Virxe Pétrea do retablo de Nosa Señora de Belén.
Continúan as
obras na Catedral coa restauración da capela de San Xoán que contan cun
orzamento de 250.346 euros, e que teñen un prazo de execución de oito meses.
Salientar a gran
implicación desa Consellería con este espazo tan querido polos ourensans no que
xa se levan investidos, desde 2011, preto de 700.000 euros destinados á
rehabilitacións e reparacións.
Por outra banda nesa visita o conselleiro recordou que
“esta previsto a realización da segunda fase de restauración das cubertas. E,
ademais xa están preparados os traballos necesarios para a redacción dun
proxecto de restauración específico da portada ornamental do cruceiro norte da
catedral, que sufre os procesos de erosión e desgaste producidos polo paso
tempo e outro factores ambientais”.
Pero as boas novas deste Xaneiro de 2014
neste caso non chegaron soas, pois Xesús Vázquez
Abad, comproboaba tamén onte o estado do Mosteiro cisterciense de Santa María
la Real de Oseira, no concello de San Cristovo de Cea, e comprometeuse a axudar
na reparación de urxencia das cubertas, afectadas polo tornado o pasado mes de
outubro, cun investimento de 30.000 euros.
Durante a visita Vázquez Abad comprometeuse a realizar os
estudos necesarios para a futura redacción dun Plan Director.
É pertinente lembrar
que a Xunta leva investido dende 2005 máis de 590.000 euros. Deste xeito, xa
foron renovados o tellado do Claustro dos Cabaleiros, e os das ás sur e oeste,
así como tamén foron repostos e formados os aleiros da fachada sur da igrexa do
mosteiro.
E non
quero deixar de lembrar que o pasado 18 de
novembro de 2013, o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria,
Xesús Vázquez Abad; o Bispado de Ourense –representado no vicario xeral da
Diocese, José Joaquín Borrajo Iglesias- ; o alcalde de Ourense, Agustín
Fernández; e o presidente da Deputación, Xosé Manuel Baltar; asinaban un
convenio de colaboración para a execución da primeira fase da rehabilitación da
ermida santuario dos Remedios, de Ourense, unha actuación na que a
Consellería investirá 87.000 euros. Ademais, as obras contarán co asesoramento
técnico da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, sempre garantindo o máximo
respecto á conservación do noso patrimonio cultural.
O obxectivo é que o templo - construído no século XVI- poida
abrir ao público, de tal forma que poidan desfrutalo tanto a cidadanía ourensá
como os visitantes que cheguen á cidade, e que atopen este Ben de Interese
Cultural na mesma entrada da urbe, a carón da ponte romaba. Lembremos que resultou seriamente afectada o 27 de
agosto de 2010 por un pavoroso incendio.
Remato felicitando sinceiramente a Jesús Vázquez Abad polo seu eficaz traballo e
agradecendo o seu compromiso co patrimonio cultural ourensán.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta.