Esta
mañá, desde as 8,35 horas, tivemos en Radio Voz, o habitual faladoiro que
modera a xornalista Antía Díaz Leal e na que intervimos tres congresistas, Laura
Seara, Olaia Fernández e quen subscribe.
Abordamos en primeiro lugar a noticia relativa ao Auto do titular do Xulgado de
Instrución nº 3 de Palma de Mallorca, acordando a imputación por delitos
fiscais e blanqueo de capitais da Infanta Doña Cristina.
Dixen que na miña opinión, o Xuíz Castro, logo dunha primeira imputación en abril
do ano pasado que non posperou, dictou agora un auto razoado e extenso, no que
xustifica os motivos polos que debe ser citada a declarar como imputada a Dª
Cristina Federica de Borbón e Grecia e que é recurrible polas partes, primeiro
en reforma e despois en apelación ante a Audiencia Provincial de Palma. Haberá que
estar ao resultado deses recursos.
Engadín que, unha imputación non supón culpabilidade, pois a presunción de
inocencia é un valor constitucional que prevalece sempre e con independencia de
quen sexa a persoa sometida a control xudicial.
En
todo caso desdramaticei o feito de que unha persoa sexa chamada a declarar como
imputado, algo que sucede todos os días en todos os Xulgados de Instrucción
España, e que non debe supoñer máis que unha oportunidade para esclarecer os
feitos e que o imputado compareza asistido de avogado e declara ou non sobre o
que lle pregunten e saiba.
En
todo caso sinalei que á infanta. a Xustiza débea tratar como a calquera cidadá.
Dedicamos a segunda parte do faladoiro a falar da polémica xerada pola reforma
da chamada “lei do aborto”.
Dixen que o primeiro é precisar o concepto terminolóxico. Non estamos ante un proxecto de lei, senón ante un anteproxecto que trala súa
aprobación pasou a dictame de órganos consultivos, entre eles do Consello de Estado,
e logo deberá ser aprobado nos seus propios términos ou con modificacións polo Consello
de Ministros. Logo entraría no Congreso e deberá ser tramitado como todos os
proxectos de lei orgánica.
En
segundo lugar, resaltei que estamos ante un anteproxecto de lei titulado “para
a protección do concibido e dos dereitos da muller embarazada”, que como di a
exposición de motivos, seguindo a doutrina constitucional: “a protección da
vida do nasciturus non ten carácter absoluto e debe ser dispensada dentro dos
límites impostos pola existencia doutros dereitos e bens así mesmo recoñecidos
na Constitución que deben ser cuidadosamente ponderados en situacións
excepcionais de conflito. Tal é o caso dos supostos nos cales a vida do
nasciturus, como ben constitucionalmente protexido entra en colisión con
dereitos relativos a valores constitucionais de moi relevante significación
como a vida e a dignidade da muller”
Recordei as palabras de onte do presidente do Goberno, Mariano Rajoy,
comprometéndose a mellorar o texto do anteproxecto de lei do aborto e a falar
con todo o mundo buscando o máximo consenso pois estamos ante unha cuestión
complicada e que é difícil debater con sentimentos.
Dixen tamén que a reforma que agora propón o goberno do PP vén cumprir cun
compromiso electoral de volver ás formulacions da lei de 1985 e á doutrina do
Tribunal Constitucional que avalaba esa norma. Lei do 85 que perviviu durante
os oito anos de goberno de José María Aznar, e que logo foi modificada, sen
consenso, pola Lei 2/2010 na etapa do goberno socialista de Rodríguez Zapatero.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es Recibirá resposta.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es