lunes, 27 de enero de 2014

Dous años apoiando ao Goberno de Mariano Rajoy


Esta tarde  na sede do Partido Popular de Ourense, o presidente provincial, Manuel Baltar, presidiu a reunión da Xunta Directiva do PPOU,  na que se analizaron tódalas cuestións relativas á actividade do Partido Popular de Ourense. Un dous  puntos máis salientables que se abordou foi a aprobación do calendario de once novos congresos locais durante o vindeiro mes de marzo.

A Xunta Directiva Provincial serviu tamén para que os deputados nacionais Celso Delgado, Guillermo Collarte e Ana Belén Vázquez deramos conta da súa actividade parlamentaria no Congreso dos Deputados.

Ao remate divulgamos unha nota de prensa que di:

"Celso Delgado (presidente da Comisión de Fomento e tamén vocal na de Economía e da de Industria ) foi o encargado de expoñer as liñas mestras das políticas que se están desenvolvendo en Madrid e que afectan á provincia, mentres que Guillermo Collarte (voceiro adxunto na Comisión de Medio Ambiente e vocal da de Fomento e de Seguridade Vial) e Ana Belén Vázquez (vicepresidenta da Comisión de Interior, e vocal das de Emprego, Sanidade e Cultura) tamén respostaron a cuestións referidas á súa actividade parlamentaria.

Celso Delgado fixo un repaso á acción de goberno desenvolvida durante estes dous anos por parte do Executivo presidido por Mariano Rajoy. Dous anos duros, dixo, “pero que por fortuna, e grazas os esforzos de tódolos cidadans, o peor xa quedou atrás e comezamos a ver os froitos deste esforzo, logrando impedir o rescate da nosa Economía e deixando atrás a recesión, abrindo así a senda do crecemento con 147.000 parados rexistrados menos no conxunto de España ao peche de 2013 que no ano 2012”.

De feito, Celso Delgado sinalou que agardan que o presente 2014 “sexa o ano da recuperación”, algo que vinculou inequívocamente ao amplísimo conxunto de reformas que o Goberno Central impulsou dende o primeiro día.

Así, durante a reunión, se lembraron reformas emprendidas como a da estabilidade orzamentaria, a das Administracións Públicas, a reforma laboral, a do sector financieiro, as das pensións , as de pago a proveedores, as de transparencia, así como as da educación, sanidade e de xustiza, por poñer algúns exemplos significativos que conduciron a que España recuperase a confianza internacional.

Esto é evidente analizando a prima de risco, actualmente fixada en torno aos 200 puntos e que chegou a alcanzar os preocupantes 642 en 2012. Lembrou que estas melloras na economía contribuiron a aforrar 8.500 millóns de euros en intereses da deberá que redundarán no reforzo nas políticas de Benestar Social.

Xa en clave provincial, Celso Delgado apuntou que Ourense pechou o ano 2013 con 29.276 parados, 1.131 menos que en 2012. Esta reducción, en términos porcentuais, foi máis significativa en Ourense que en clave autonómica ou estatal. "Queda moito camiño por recorrer para reducir as inaceptables tasas de paro pero todo indica que vamos na boa dirección".

Engadiu que no contexto actual de restricción de gasto por parte das administracións públicas, a provincia foi moi beneficiada nos Presupostos Xerais do Estado, sendo os máis altos na historia de Ourense: 759 millóns de euros en 2012; 534,8 millóns durante 2013 e 610,8 millóns para o presente exercicio 2014. Estas importantísimas cifras están ligadas moi especialmente ás obras da Alta Velocidade. De feito, tal e como manifestou o deputado ourensán, só en Ourense se destinan este ano 571 millóns de euros por parte do Ministerio de Fomento, contribuindo a que as obras marchen a bo ritmo na plataforma Lubián-Ourense.

Pero non só a provincia se viu reforzada no que a obra pública en materia de infraestruturas ferroviarias se refire; tamén se reforzaron os servicios ferroviarios existentes na conexión Ourense-Madrid. Se pasou de contar con dúas conexións diarias (unha diurna e outra nocturna), ás catro actuais (tres diurnas e unha nocturna), abríndose así un interesante abano de posibilidades para atraer visitantes á nosa provincia e para a mellorar a mobilidade dos galegos.

E no tocante ás infraestruturas en materia de estradas, Celso Delgado salientou os avances acadados coa A-76 (aprobouse o 14 de agosto de 2013 a declaración de impacto ambiental e este ano está prevista a licitación de dous proxectos), a Variante Norte (co expediente de información pública aprobado o 30 de decembro de 2013) ou a realización dás obras de conservación e mantemento.

Tamén lembraron os deputados nacionais a reanudación das obras de finalización da Biblioteca Pública e Arquivo Provincial, a próxima inauguración das obras de reforma na Praza de Abastos da Ponte ou o inicio das obras da Depuradora de Ourense, engadido ao compromiso firme do Ministerio de Medio Ambiente co abastecemento de agua a cidade, ilustrado coa reciente visita do ministro Arias Cañete á inauguración da ETAP da cidade."


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta.