miércoles, 1 de enero de 2014

Esperanzadores pronósticos sobre a economía española


Hoxe a cadea Ser difunde unha entrevista do xornalista José Antonio Marcos ao ministro de economía e competitividade Luís De Guindos que se converteu na noticia económica do día.

Afirma o ministro que "no ano 2014, as proxeccións que temos no ministerio de Economía é que vai haber creación neta de emprego, ata superior da que proxectaramos cando eleboramos os Orzamentos". 

No entanto declara De Guindos que "aínda queda moita crise por diante e moitas cousas por facer", aínda que no último trimestre do ano pasado, cuxos datos aínda non se coñecen, o Goberno espera que a economía volva a crecer, ata a taxas algo máis elevadas que no verán pasado. Pero o consumo non se recuperará ata que o cidadán español perda o medo a perder o seu 

O ministro de Economía deixo claro que xa non haberá máis voltas de tuerca na reforma laboral. E que os últimos retoques foron os aprobados en decembro: simplificación administrativa dos modelos de contratos e flexibilización da contratación a tempo parcial. O Goberno descarta xa introducir cambios na negociación colectiva, para facilitar que as empresas poidan descolgarse con máis facilidade dos convenios pactados.

Sobre a reforma fiscal, Luís de Guindos explicuo por onde pode ir. En primeiro lugar, o IRPF volverá a donde estaba antes da subida que acordou o Goberno de Rajoy nada máis chegar ao poder. Pero dentro do imposto sobre a renda aplicaranse tamén rebaixas para o aforro, para as ganancias de capital. No Imposto de Sociedades, polo que agora tributan moi pouco as grandes empresas, eliminaranse gran parte das deducións, pero ao mesmo tempo baixarase o tipo impositivo. O IVA non se tocará, e se e crearán impostos sobre o medio ambiente.

Tamén De Guindos, afirmou que o ano 2104 debe ser o da recuperación do crédito. E remarcou: "O negocio dos bancos é dar crédito. Si non o fan, a sua rentabilidade empézase a ver afectada".

Sen dúbida uns esperanzadores pronósticos que oxalá dentro dun ano podamos confirmar.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta