martes, 28 de enero de 2014

Na Deputación Permanente do Congreso

Hoxe asistín á sesión da Diputación Permanente do Congreso dos Deputados que se reuniu desde as 12,00 horas, para debater sobre a convocatoria extraordinaria de doce comisións para que comparecesen os ministros de Fomento; Defensa; Facenda e Administracións Públicas; Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, ante dúas comisións diferentes; Interior; Emprego e Seguridade Social; Economía e Competitividade; Educación, Cultura e Deporte; Industria, Enerxía e Turismo; e Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, ademais do fiscal xeral do Estado.

Logo dos debates, as peticións de convocatorias destas Comisións en periodo extraordinario foron rexeitadas. As distintas solicitudes recibiron 23 votos a favor e 28 en contra, salvo a presentada por CiU e o PNV para que comparecese o ministro de Facenda, que recibiu 21 a favor e 28 en contra; a do Grupo Socialista para que o ministro de Economía informase sobre a Sociedade de Xestión de Activos Procedentes da Reestructuración Bancaria (SAREB), con 21 votos a favor, 28 en contra e 2 abstencions; a do ministro de Agricultura pola nova Política Agraria Común, con 22 votos a favor, 28 en contra e 1 abstención, e a do fiscal xeral do Estado, que recibiu 21 votos a favor, 28 en contra e 2 abstencions.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta.