martes, 7 de enero de 2014

Unha prima de risco no nivel mais baixo desde abril de 2009

Non me resisto a constatar os moi bos datos económicos de hoxe.

Por unha banda o IBEX 35 subiu un 2,93% e alcanzou os 10.178,70 puntos, nivel máximo desde principios de xullo de 2011, impulsado pola banca, situándose como o mellor índice bursátil europeo da xornada.
Por outra banda a prima de risco - o diferencial entre os tipos a longo prazo alemáns e españois - rebaixouse ata 191 puntos básicos, dez menos que ao peche da sesión anterior e segue nos seus niveis máis baixos desde os meses de abril e maio de 2011, despois de que o rendemento do bono español a dez anos no mercado secundario caese ata o 3,81 %, o seu menor nivel desde o pasado decembro de 2009.

É evidente que os mercados xa contemplan a España desde unha diferente perspectiva.
Recordar a importancia que para España ten o dispoñer dun financiamento adecuado: en 2013 o aforro por este concepto foi de 8.700 millóns de euros en concepto de intereses pola caída da prima de risco e dos custos de financiamento de España. Iso permitiu liberar recursos para outras partidas.

A prima de risco pasou dos 359 puntos básicos cos que comezaba o ano 2013 a situarse en decembro por baixo de 230.
Agora xa estamos en 191 e oxalá siga baixando.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta.