Recibimos hoxe unha excelente noticia dada por
Mariano Rajoy no acto de inauguración do VII Foro Turístico de Exceltur: por
primeira vez, España pasou a barreira dos 60 millóns de turistas, o que
representa un 5,6% máis de visitantes que o ano pasado, superando o anterior
récord de 58,7 millóns establecido en 2007.
Estes datos permitirán recuperar o terceiro posto mundial deste indicador, tras superar a China, e sitúanos por detrás de Francia, con 83 millóns de turistas, e Estados Unidos con 67millóns.
O presidente destacou outro indicador relevante: o gasto realizado polos turistas internacionais, que tamén alcanzou cotas históricas ao chegar, no periodo de xaneiro a novembro de 2013 aos 55.896 millóns de euros, case 9 puntos por encima do rexistrado no exercicio 2012.
Mariano Rajoy admitiu que "os danos desta crise foron incuestionables", como o demostran as cifras de desemprego, pero "hoxe podemos dicir que España saíu das trincheiras da crise e combate agora na fronte da recuperación".
Dixo tamén o presidente, que "é necesario crear un ambiente óptimo para o desempeño da actividade turística, un marco estable para o investimento, que garanta as regras do xogo e potencie o emprendimento e a atracción dos mozos a este sector"
E finalmente animou aos empresarios e traballadores do sector a seguir traballando de forma conxunta coas administracións para manter esta tendencia e asegurou que "a nosa marca turística España é sen dúbida un alicerce poderoso de nosa marca país, pois é a imaxe que de nós teñen en todo o mundo".
Neste Foro
tamén tivo participación o presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, nun
panel-coloquio, no que destacou que se na pasada lexislatura o Goberno galego
elaborou co sector un Plan de Acción para paliar os efectos da crise, agora,
presentarase un plan estratéxico cun dobre obxectivo: consolidar a mellora
experimentada nos últimos meses e aumentar o peso do turismo no PIB, e
convertelo nun instrumento de reequilibrio territorial.
Avogou por aproveitar os recursos que nos fan únicos
fronte aos nosos competidores destacando catro principais apostas: calidade,
fidelizar aos que nos coñecen, desestacionalización da oferta e colaboración co
sector.
Aseverou que Galicia é unha opción en alza porque se move
nun contexto no que a calidade tamén se converteu nunha opción en alza e
afirmou que, ademais de traballar para atraer novos visitantes, a Autonomía
galega busca fidelizar aos que xa a coñecen, así como desentacionalizar a
oferta, grazas a unha ampla gama de posibilidades abertas durante todo o ano e
aptas para todos os gustos e petos.
Sobre este aspecto, e logo de lembrar que o Camiño de
Santiago é un destino por si mesmo, o titular da Xunta referiuse, entre outros
aspectos, ao potencial termal, con máis de 300 captacións catalogadas; así como
aos principais fitos que marcarán 2014: a Volta Ciclista a España, trens
turísticos e o oitavo centenario da peregrinación de San Francisco de Asís.
En relación á colaboración co sector, o presidente da
Xunta incidiu na importancia de crear sinerxías entre todos os axentes, tanto
para responder á transversalidade propia do sector como para ser máis
eficientes. E, neste sentido, mencionou a Marca Galicia; “unha mostra –dixo- de
que estamos intentando crear un paraugas que agrupe, que presente e que
incentive ao sector no seu conxunto; unha estratexia colectiva para dar un
despegue ao destino Galicia no seu conxunto”.
Tamén Feijóo defendeu durante a súa intervención todas as
fórmulas de colaboración, “xa que é bo –dixo- que traballemos xuntos co ánimo
de exportar experiencias positivas a outros puntos de España e basear a nosa
oferta turística na colaboración e non na competencia”.
Se ben a demanda internacional acumula un crecemento do 10,7% no que se refire á cifra de viaxeiros aloxados e do 7% no que se refire ás pernoctacións; Feijóo fixo fincapé en que para Galicia a demanda nacional e interna representa unha gran cota de mercado, como así o demostran os últimos datos publicados polo INE: desde xaneiro a novembro o turismo nacional e o interno representan o 75,3% dos viaxeiros aloxados e o 79,7% das pernoctacións.
Feijóo concluíu a súa intervención incidindo en que a
actividade xerada polo turismo en Galicia, que ascende a máis de 6.000 millóns
de euros, o que representa o 10,6% do PIB e o 11,5% do emprego, proba que o
sector ten capacidade para contribuír á recuperación do país.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta.