domingo, 5 de enero de 2014

Sobre a terminación das obras de construción e rehabilitación do Arquivo Histórico Provincial e Biblioteca Pública do Estado en Ourense

Esta mañá chuviosa e fría, despraceime ata o barrio de San Francisco.

Quería ver si estaba en marcha o proxecto de terminación das obras de construción e rehabilitación do Arquivo Histórico Provincial e Biblioteca Pública do Estado en Ourense no antigo Convento de San Francisco

Unhas obras que o BOE do 17 de setembro de 2013 publicaba que foran adxudicadas o 1 de xullo de 2013 pola Xerencia de Infraestructuras e Equipamentos do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte á empresa Corsan-Corviam, Construción, S.A., por importe total de 13.310.000 euros, e un prazo de execución de 32 meses.

As actuacións previstas, que conta con licenza municipal desde xullo de 2013, fanse de acordo cun proxecto dos arquitectos Xosé Manuel Casabella e José Luís Martínez Raído.

Estou desexando que estas obras de terminación collan ritmo e que avancen para así poder cumprir os prazos programados.

Hai que recordar que este proxecto arrincou o 5 de novembro de 1999 cando Mariano Rajoy, entón Ministro de Cultura e Manuel Cabezas, alcalde a Cidade asinaban un protocolo para a cesión dunhas parcelas que estaban no conxunto histórico de San Francisco e que trala redacción e aprobación do proxecto, as obras iniciais foron adxudicadas o 4 de novembro de 2003 sendo ministra Pilar del Castillo.

Iniciadas as obras, estas sufriron moitas vicisitudes, que implicaron a súa paralización. Ata o punto que o Consello de Ministros de 6 de xuño de 2008 declarou a resolución do contrato por incumplimiento do contratista.

En definitiva un tortuoso camiño- ao que lle fixen un continuo seguimento parlamentario - que confiou culmine satisfactoriamente e que os ourensáns poidan gozar destas necesarias instalacións culturais.



Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta.