viernes, 24 de enero de 2014

Na presentación de Termatalia Argentina

Termatalia Argentina presentouse onte en FITUR nun acto no que estiven presente e no que participou a Directora da Axencia de Turismo de Galicia, María Nava Castro, o Ministro de Turismo de Argentina, Enrique Meyer, o Alcalde de Ourense, Agustín Fernández, o Presidente da Cámara Argentina de Turismo, Oscar Ghezzi, a Gobernadora da provincia de Santiago do Estero, Claudia Ledesma, o Presidente de Balnearios de España, Miguel Mirones, o Asesor de FEHGRA, Jordi Busquets e o Director de Termatalia, Alejandro Rubín. 

O ministro Enrique Meyer, animou aos profesionais do sector a participar en Termatalia Arxentina o próximo mes de outubro e indicou que o seu país está preparado para converterse na sé deste centro de negocios internacional, consolidado como un dos foros máis importantes do mundo para o termalismo, turismo termal, talasoterapia e spa. 

Termatalia Argentina terá lugar entre o 2 e o 4 de outubro de 2014 na capital termal de América do Sur, Termas de Río Hondo, municipio situado na provincia de Santiago do Estero. Trátase da única feira especializada en Turismo de Saúde e Benestar que agrupa a Europa e América que convoca a profesionais de máis de 25 países e que supón un exemplo de cooperación iberoamericana. 

Con orixe en Ourense, capital termal española, Termatalia celebrou a súa primeira edición en América Latina en 2012 en Perú. Este ano, volve cruzar o Atlántico reforzada como feira internacional do turismo de saúde, a industria termal, talasoterapia e spa.

Termatalia, Feira Internacional de Turismo Termal, Talasoterapia e Spa é unha das cinco feiras españolas relacionadas co turismo que ostenta o selo de internacionalidad, e a única delas especializada neste sector.

 A decimocuarta edición de Termatalia volverá a fomentar o intercambio de experiencias entre distintos continentes desde un punto de vista empresarial, institucional e social, o que permitirá obter unha perspectiva global do sector impulsando o mercado estratéxico do Turismo Termal e de Benestar en América Latina, e establecendo ao mesmo tempo vínculos científicos e comerciais entre o continente europeo e americano. 

Trátase dunha cita ineludible para os profesionais do sector do turismo de saúde e da industria termal. As distintas accións de negocio contemplan a posta en marcha dunha Bolsa de Contratación Turística e dun Foro de Inversores que ten o obxectivo de presentar novas oportunidades a desenvolver tanto en cidades termales de Europa como de América Latina. 

Xunto ao área de exposición, Termatalia incluirá entre as súas actividades un amplo programa temático no que toman parte expertos de prestixio internacional e no que se presentan experiencias, como é o caso do Encontro Internacional sobre Auga e Termalismo, con tres xornadas nas que se abordarán temas relacionados coa hidroxeología, o turismo, a innovación e sostibilidade, ademais de organizarse un encontro de cidades termais. 

Realizaranse tamén rutas para coñecer a oferta da contorna. Como é habitual, o Encontro Internacional comezará un día antes da apertura do salón, é dicir, o 1 de outubro. Celebrarase no Fórum de Santiago do Estero. 

Estou convencido do éxito de Termatalia Arxentina.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta.