sábado, 25 de enero de 2014

Nos preparativos das eleccións europeas

Tivemos hoxe xuntanza do comité de dirección do Partido Popular de Galicia, na que abordamos o tema da Convención que celebrará a nosa formación política en Valladolid o vindeiro fin de semana coa finalidade de preparar as eleccións europeas.

O secretario xeral Alfonso Rueda informou que o ano 2012 tivo ata catro procesos electorais de carácter autonómico, pero que a de maio será a primeira convocatoria electoral á que estarán convocados o 100% dos electores do conxunto do Estado dende regreso do PP ao Goberno de España. E dixo que “Polo tanto, hai que dar relevancia a estas eleccións”.

Nesta xuntanza a directora de campaña en Galicia, Paula Prado, informou sobre os avances feitos na organización deste proceso, así como dos prazos fixados para ir abordando, principalmente, a cuestión que máis importa no PPdeG, o programa electoral.
                               
Pero, ademais do programa de Galicia, hai dous documentos que tamén formarán parte do guión electoral do PPdeG de cara á campaña das eleccións europeas: o programa electoral nacional e o manifesto do partido de cara a estes comicios.

Ambos documentos serán aprobados ou perfilados no marco da Convención nacional do fin de semana que ven, e na que Galicia terá unha destacada representación.

Como informou Rueda, no cónclave haberá diversos coloquios, charlas e reunións nas que os dirixentes do partido expresarán as súas propostas para mellorar a realidade do país, non só no ámbito comunitario senón tamén no estatal. Dentro deses coloquios, e xa entrando no que será a representación galega na cita, o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo terá un debate sobre Sanidade durante o segundo día da convención, na mañá do sábado, xunto coa ministra de Sanidade, Ana Mato.

Esa mesmo día, o equipo poñente do Manifesto electoral que coordina a secretaria xeral do PP, María Dolores de Cospedal, explicará o documento base e someterá o texto á consideración do partido. Alfonso Rueda foi un dos catro poñentes dese texto, xunto co alcalde de Salamanca, coa alcaldesa de Valencia e co secretario xeral do GP no Congreso.

Unha das súas principais inquedanzas do PP de G foi que se incluísen referencias expresas aos sectores produtivos galegos e, principalmente, ao agrogandeiro e a pesca xa que, en Galicia, case 200.000 familias viven directa ou indirectamente deste tipo de actividades, e que merecen unha atención específica no manifesto que traza as prioridades dos populares en materia de política comunitaria.
http://www.youtube.com/watch?v=EH-ikmYDTdQ


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta.