jueves, 27 de febrero de 2014

Aprobadas 24 propostas de resolución no Debate sobre o Estado da Nación

Finalizou o Debate de Política Xeral sobre o Estado da Nación coa aprobación de 24 das 105 propostas de resolución presentadas polos grupos parlamentarios.

A Cámara Baixa aprobou 13 propostas do Grupo Popular, xa que as outras dúas foron integradas con outras dúas propostas por CiU; unha de UPyD, nos términos dunha enmenda acordada co PP; dúas impulsadas polo PNV e acordadas tamén co Grupo Popular; e outras catro do Grupo Mixto: dous de Coalición Canaria, unha delas acordada co Grupo Popular; unha de ERC pactada tamén co Grupo Popular e o Socialista; e unha de UPN, nos seus termos.



O portavoz do Grupo Popular no Congreso, Alfonso Alonso destacou o" traballo desenvolvido, a vontade dos grupos, a capacidade de negociación tida este ano sobre aquelas materias que foron obxecto de acordo e seguiremos intensificando o traballo". "Os acordos con sete grupos parlamentarios evidencian a vontade de diálogo e consenso do PP", engadiu. 

As 15 Propostas de Resolución do GPP - defendidas con brillantez polo secretario xeral, José antonio Bemúdez de Castro - a maioría recibiron algún apoio procedente doutros grupos e, xa que logo, é o resultado da vontade do consenso, pactos con sete grupos tan dispares é un esforzo que mereceu a pena. 

Así, Alonso sinalou que se aprobaron ata 24 Propostas de Resolución, as 15 do Partido Popular e outras nove de distintos grupos parlamentarios. "Isto é un número superior ás propostas que foron aprobadas o ano pasado", engadiu o portavoz popular. 

Tamén, subliñou o portavoz do PP "reafirmamos o compromiso dunha política europea común compartida co PSOE, tanto desde o punto de vista económico, como no noso apoio á política de seguridade e defensa común".
Neste sentido, remarcou Alonso "seguimos indo da man da oposición ante Europa" e, na súa opinión, "isto é moi importante e que se constate na conclusión do Debate sobre o estado da Nación, tamén". 

Ademais, indicou "pactamos a nosa Proposta de política fiscal con CiU e co PNV". Ao seu xuízo, "é moi importante para o Grupo Popular porque a proposta fiscal e a reforma tributaria van ser un dos cimentos centrais nos próximos meses tanto na acción de Goberno como no traballo desta Cámara". 

"Alcanzamos un pacto con CiU e PNV en materia de rexeneración democrática", explicou o portavoz popular, quen aclarou que "nesta proposta para a loita contra a corrupción, esta transacción non recibiu votos en contra, outros grupos non se incorporaron, pero abstivéronse e non votaron en contra".

Neste sentido, subliñou que houbo por parte dos grupos parlamentarios "vontade de consenso e que hai que seguir explorando en materia de rexeneración". 

Doutra banda, destacou que "houbo un posicionamiento moi amplo na Cámara de respaldo ás vítimas do terrorismo e iso para nós é significativo e tamén importante neste momento".

Tamén, puntualizou "houbo outras iniciativas de interese como a que pactamos con ERC e co PSOE para condenar a persecución de gays e lesbianas en distintos países do mundo", ao fío do que está sucedendo agora nalgúns países de África como Uganda e Nigeria. Para o portavoz do Grupo Popular "é importante que a Cámara estea unida na defensa dos dereitos das persoas e isto ten un valor e responde a un esforzo de consenso".

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta.