Onte participei no marco da Convención Nacional na reunión do
Consello de Españois Residentes no Exterior do Partido Popular, do que formo parte en
representación do Grupo Parlamentario no Congreso dos Deputados.
O PP no
Exterior está representado en 30 países e 65 cidades. Ademais, conta con 13.333 afiliados, dentro dos 1.700.910 de españois residentes no exterior con
dereito a voto.
En Galicia son 417.909 y en Ourense 93.111, os censados que residen no exterior e que poden exercer o dereito de sufraxio.
En Galicia son 417.909 y en Ourense 93.111, os censados que residen no exterior e que poden exercer o dereito de sufraxio.
Unha reunión que dirixiu o secretario executivo do PP no
Exterior Alfredo Prada e que serviu para repasar as moitas inquedanzas e problemas dos nosos
emigrantes e para aprobar as propostas programáticas para levar nas próximas
eleccións ao Parlamento Europeo referidas aos españois residentes no Exterior.
Comicios europeos - de circunscripción única - nos que o voto conta igual tanto
para o que vota en España como para o que vota desde fóra.
Clausurou esta
reunión o presidente do Goberno e do Partido Popular, Mariano Rajoy, e a
secretaria xeral do PP, María Dores Cospedal.
Rajoy destacou "o esforzo que
España realizou para estar na boa dirección e ver a saída da crise", ademais de
facer fincapé na unidade de España fronte as derívas independentistas.
Doutra
banda, o presidente do PP pediu "un esforzo" aos representantes do PP no exterior para a campaña das eleccións europeas.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta.