O
Servizo Público de Emprego Estatal difunde hoxe os datos oficiais do paro
rexistrado correspondentes ao mes de xaneiro de 2014
Son os
seguintes:
Ourense:
Medra o
paro rexistrado en xaneiro en relación co mes anterior en 1.381 persoas, un
4,72 %.
O numero
de parados queda en 30.657, deles 14.850 son homes e 15.807 mulleres, 28.666
son maiores de 25 anos e 1.991 menores.
Por
sectores, 1.375 son da agricultura, 4.484 da industria, 4.310 da construción,
18.075 nos servizos e 2.413 do colectivo sen emprego anterior.
Galicia:
O paro
rexistrado de Galicia medrou
en xaneiro en 10.014 persoas con
respecto a decembro (un 3,69 %). O numero de parados queda en 281.077, deles
137.527 son homes e 143.550 mulleres, 263.518 son maiores de 25 anos e 16.559
menores.
Por sectores, 9.817 son da
agricultura, 39.014 da industria, 41.376 da construción, 169.317 nos servicios
e 21.553 do colectivo sen emprego anterior.
Aumenta
o paro en todas as provincias (A Coruña
a que máis). O aumento vincúlase principalmente ao sector servizos (+8.157, o
que supón máis do 81 por cento do total de incremento).
Non cabe facer unha valoración positiva deste incremento do paro, que se repite tradicionalmente no mes de xaneiro, vinculado tamén ao fin da campaña do Nadal.
Con todo, este mes hai que facer fincapé nun dato: Galicia segue mellorando a evolución interanual, o que significa que se segue contendo a destrución de emprego. Na evolución interanual o desemprego baixou en 9.713 persoas, un 3,34% (no mesmo período do ano anterior o paro aumentaba en 19.506 persoas, un 7,19%).
Esta interanual é a terceira baixada consecutiva que se produce –desde 2007 non había interanuais negativas- e ademais é a maior de todas elas.
España:
O paro
medrou en xaneiro en 113.097
persoas, un 2,41 %.
Queda situado en 4.814.435
persoas. Deles 2.337.410 son homes e 2.477.025 son mulleres.
4.385.348 son maiores de 25 anos e 429.087 menores.
Por sectores, 208.174 son da
agricultura, 512.531 da industria, 649.211 da construción, 3.071.282 nos
servizos e 373.237 do colectivo sen emprego anterior.
Aínda que en xaneiro
sempre aumentou o paro, deste mes é o menor incremento desde 2007.