Fai días que tiña pensado
comentar neste blog a noticia do resultado do pasado domingo cando os suizos decidiron
en referendo e por un axustado 50,3 % dos votos volver limitar a entrada de
cidadáns de países da Unión Europea (UE) ao seu mercado laboral, a través do
establecemento de cotas anuais que deberán volver aplicarse de aquí a tres
anos.
Unha noticia moi preocupante para o máis dun millón de cidadáns da Unión Europea que viven e traballan en Suiza e que son o maior colectivo de inmigrantes naquel país.
E unha decisión que aínda que derivada da democracia directa, paréceme moi desafortunada pois restrinxe a libre circulación de persoas nun espazo económico no que Suiza e a maior beneficiada.

Comparto a posición expresada por Martin Schulz, Presidente da Eurocámara,
sobre que si Suiza modifica a lexislación e limita a libre circulación aos
cidadáns da UE haberá que reaccionar, debater e previsiblemente negociar os
acordos vixentes.
Convén recordar que ao redor de 430.000 cidadáns suizos viven na UE, que é o maior socio comercial de Suiza, e que un de cada tres francos da riqueza helvética provén dos seus intercambios coa UE e que a libre circulación de cidadáns da UE e suizos está garantida desde o ano 2002. O acordo que lles concede o dereito de viaxar, residir e traballar nos seus respectivos territorios foi asinado en 1999 no marco dun conxunto de sete acordos.
Hoxe mesmo o vicepresidente da Comisión Europea e comisario de Competencia, Joaquín Almunia, subliñaba que o resultado do recente referendo suizo para liminar a entrada de cidadáns de países da Unión Europea ao seu mercado laboral cuestiona a liberdade democrática.
Deberemos estar á expectativa de como desenvolven as autoridades suizas o acordado en referendo e o seu impacto na UE e na colonia española que reside naquel País que segundo o último Censo dos Electores Residentes Ausentes que viven no estranxeiro (CERA) é de 80.677 persoas, das que case 38.000 son galegos.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta.