miércoles, 5 de febrero de 2014

Sobre os procesos de venda, polo FROB, das entidades en resolución

Hoxe asistín á sesión da Comisión de Economía e Competitividade na que compareceu o Presidente da Comision Rectora do Fondo de Reestructuración Ordenada Bancaria (FROB), Fernando Restoy.

Esta Comisión rectora está composta por representantes do Banco de España, o Ministerio de Economía e Competitividade e do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.

Restoy informou sobre as actividades desenvolvidas desde o 10 de setembro de 2013. E en concreto sobre os procesos de venda das Entidades en Resolución, entre elas NCG Banco, que culminou o 18 de decembro de 2013 coa adxudicación do 88,33 % por 1.003 millóns de euros a Banco Etcheverría- Grupo Banesco.

Dixo que o procedemento de venda da entidade guiouse en todo momento polo obxectivo de asegurar a utilización máis eficiente dos recursos públicos cun "procedemento competitivo, transparente e non discriminatorio que maximice o prezo da venda e minimice o uso dos recursos públicos"

No turno de replica e sobre Novacaixagalicia, falou do que supuxo a operación de venda da entidade en términos de custo para o erario público. 

E dixo que a " entidade Novacaixagalicia recibiu en xuño de 2010 unha axuda pública en forma de participacións preferentes subscritas polo FROB de 1.162 millóns, que en decembro do ano 2012 foron transformadas en capital, en accións ordinarias. Nese mes de setembro do 11 inxectouse ademais 2.465 millóns en forma de accións ordinarias. Subscribiuse unha ampliación de capital por ese volume. Isto foi antes da nova inxección de capital por importe de 5.425 millóns que se realizou no marco do programa de asistencia financeira logo dos test de estrés e todos os exercicios de avaliación da situación de solvencia da entidade. Xa que logo, en total axudas públicas ascende a 8.981 millóns de euros. Como saben, o retorno da venda foi de 1.003 millóns de euros e a iso habería que descontar o valor esperado das garantías adicionais outorgadas ao adquiriente que se cifran en 275 millóns. Deste xeito pódese dicir que o que se obtivo son 728 millóns netos que habería que restar da axuda pública global asignada de case 9.000 millóns de euros. Xa que logo, estamos falando de que evidentemente coa enaxenación Novacaixagalicia perdeuse unha cantidade apreciable da axuda pública fornecida."


E engadiu "permítanme que lles diga que en todo caso debemos ser conscientes de que si non houbésemos ido por esta vía, nacionalización e venda da entidade, a única alternativa sería a liquidación concursal da entidade e recordarán vostedes, porque xa o comentamos en máis dunha ocasión, que o custo da liquidación desta entidade ascendería a uns 13.000 millóns de euros. Xa que logo, estamos falando dunha perda importante para o contribuinte, sen dúbida, pero a actuación de resolución o que fixo é reducir, eu diría que de xeito apreciable, o que fose o custo para o contribuinte de estratexias alternativas".

Tambien aludiu a que o 28 de outubro de 2013 culminouse o contrato de compraventa polo que o Banco de Sabadell adquiriu o 100 % do Banco Gallego.

Dixo que se "deu cumprimento ao plan de resolución de Banco Galego mediante a súa integración nun grupo financeiro sólido evitando o escenario alternativo de liquidación concursal que implicase maiores custos para o erario público"


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta.