Hoxe tivemos a segunda sesión da Convención e destaco das moitas intervencións que escoitei a do presidente
do PP de G, Alberto Núñez Feijoo que participou nun coloquio sobre sanidade coa
ministra Ana Mato.
Afirmou que a sanidade pública ten máis futuro hoxe
que fai dous anos, cando o Goberno socialista tiña o sistema ao bordo do colapso
pola sua inacción. Ademais, asegurou que os propietarios do sistema de saúde non
son os gobernos ou os partidos, senón os cidadáns. "Non se pode vender o que é
patrimonio de todos", dixo.
Citou o sistema sanitario de Galicia, no que
se constrúen, amplían ou renovan ata cinco hospitais públicos (entre eles, o
novo hospital público de Vigo, o máis grande en construción en España neste
momento) e púxose un novo en funcionamento na cidade de Lugo. Ademais, en
Galicia dixo que se abriron 19 novos centros de saúde públicos, reformáronse dez
e iniciouse a construción doutros 15.
Aludiu á Lei de Garantías de
Prestacións Sanitarias, que permite ao paciente elixir o hospital público no
que quere ser atendido e que lle outorga tamén ao paciente o dereito a esixir á
Xunta de Galicia que se lle atenda nun prazo máximo de tempo.
Tambien
recordou como nun principio, o Goberno de Zapatero puxo trabas ao modelo
responsable de xestión sanitaria de Galicia. De feito, denunciou á Xunta ante o
Tribunal Constitucional por apostar polo Catálogo priorizado de medicamentos,
pese a que supoñía un aforro en fármacos de 100 millóns de euros ao ano.
En Galicia non se logrou ese pacto político pero si o pacto cos
profesionais para obter un maior rendemento cirúrxico, pasando de 90.000
operacións en xornada ordinaria a 118.375. Tamén dixo, logrouse o pacto cos
cidadáns e os farmacéuticos, cuadriplicando o número de fármacos xenéricos
dispensados nas farmacias, pasando dun 10% a un 40%; e tamén o pacto cos
traballadores públicos, implantando ao 100% a receita electrónica ou o historial
electrónico que reducía burocracia e esperas.
Unha parte de máximo
interese, foi cando demandóu un pacto pola sanidade pública entre as comunidades
e que vincule aos grandes partidos políticos de España. Feijóo apuntou que
logralo sería moi simple de obter si os dirixentes socialistas e de comunidades
nas que non goberna o PP repetisen en público o que reclaman en privado.
Aseveróu Feijóo, que o xestor sanitario ten dúas obrigacións que non se deben
descoidar: que ese servizo público chegue a todos hoxe, e que poida seguir
chegando a todos o día de mañá.
Ademais, apuntou que non hai nada máis
progresista que reemplazar o criterio de idade á hora de pagar os medicamentos
por un criterio de renda. Así, co modelo do PSOE os parados tiñan que pagar un
40% dos seus fármacos mentres xubilados, por moito que fosen grandes fortunas do
país, tíñanos a custo cero a costa do Estado.
En canto á atención
sanitaria, Feijóo dixo que "ante a enfermidade non hai rendas ou patrimonio. O
único límite debe ser o que fixe a ciencia". Ademais, apuntou que España ten os
mellores posibles, e que o sistema sanitario español é un dos nosos grandes
activos a nivel internacional.
"Podemos presumir de sanidade pública ante
calquera país do mundo", concluíu. Alfonso Rueda participou na comisión que traza
as liñas básicas do programa do PP nas eleccións europeas. Pola súa banda, a
ministra de Fomento, Ana Pastor, interveu no diálogo «España vertebrada», xunto
coa presidenta de Aragón, Luisa Fernanda Rudi.
O vicepresidente da Xunta foi
un dos catro ponentes da comisión encargada do manifesto electoral para as
europeas. Ana Pastor pola súa banda reivindicou os valores do PP como partido de
centro e o seu modelo que sitúa ás persoas como «corresponsables do que pasa na
sociedade».
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta.