A
última hora da tarde de hoxe acudín á Casa de Galicia en Madrid, para asistir á
presentación da "Guía Ilustrada da Catedral de Santiago".
Presentou o
acto o delegado da Xunta en Galicia, José
Ramón Ónega, acompañado de Valentín García Gómez, responsable da Secretaria Xeral de Política Linguistica.
Gemma Sesar de “El Patito Editorial” explicou que fixo o
encargo da ilustración a Joaquín González Dorao, un artista gaditano cunha longa experiencia publicando coas mellores editoriais de viaxes.
E da prosa ocupouse a historiadora e medievalista galega Marta González Vázquez, autora de numerosos estudos e libros sobre a catedral, na que traballou moitos anos no seu extraordinario arquivo, e que é experta coñecedora das peregrinacións a Santiago.
Foi precisamente Marta - que ademais é
compañeira no Congreso na súa condición de deputada - a que con belas e
sentidas palabras apuntou a orixe de Compostela, vencellado ao máxico descubrimento
da tumba e a súa identificación co Apóstolo Santiago, a posterior peregrinación
e a creación dunha cidade na súa contorna.
Estou desexando dispor de tempo para ver e ler con detalle esta coidada edición
que se publica agora en castelán e galego, e que se ampliará en breve ao inglés
e xaponés.
Parabens
aos autores e á editora.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta.