domingo, 23 de febrero de 2014

Nas portas do Debate de Política Xeral sobre o Estado da Nación

A próxima semana sera unha das máis especiais do Congreso dos Deputados pois celebraremos os días 25 e 26 de febreiro o Debate de Política Xeral sobre o Estado da Nación, o vixésimo cuarto desde a aprobación da Constitución e segundo da X Legislatura.
 
A sesión comezará o martes ás 12:00 horas do mediodía, coa presentación da comunicación do Executivo por parte do presidente do Goberno, Mariano Rajoy, sen límite de tempo.
 
Trala súa exposición, suspenderase a sesión, que se renovará pola tarde, ás 16:00 horas, para que tomen a palabra os representantes dos grupos parlamentarios.
 
A distribución de tempos establecida pola Xunta de Portavoces da Cámara, na súa reunión do día 18 de febreiro, é a seguinte:
 
- Unha primeira intervención dun máximo de 30 minutos para cada Grupo Parlamentario, por orde de maior a menor importancia numérica, con excepción do Grupo Parlamentario Popular, que o fará en último lugar.
 
- Unha quenda de réplica dun máximo de 10 minutos para cada Grupo, segundo a orde anterior.
 
O Presidente do Goberno poderá contestar aos grupos parlamentarios de xeito illado ou conxunta sen límite de tempo.
 
A sesión continuará o mércores, día 26 de febreiro, ás 9:00 horas, coa intervención dos Grupos Parlamentarios que non o fixeron na xornada anterior.
 
Propostas de resolución:
 
Unha vez concluído o Debate, e de acordo co artigo 197 do Reglamento do Congreso, abrirase o prazo para a presentación de propostas de resolución, ata as 14:00 horas do mércores. As propostas serán cualificadas pola Mesa ás 17:00 horas, e abrirase outro prazo, ata as 20,00 horas, para presentar enmendas.
 
A Mesa volverá reunirse o xoves ás 9:00 horas para cualificar as enmendas e a Xunta de Portavoces farao ás 9:30 para ordenar o debate sobre as propostas de resolución e as enmendas ás mesmas.
 
O debate das propostas de resolución, un máximo de quince por cada grupo parlamentario, comezará o xoves, día 27, ás 10:00 horas. Os grupos parlamentarios intervirán por orde de maior a menor importancia numérica, en quendas de 15 minutos, para defender as súas propostas. 
 
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta.