Esta mañá, desde as
8,30 tivemos en Radio Voz o habitual faladoiro que dirixe Antia Díaz
Leal.
A moderadora propúxonos en primeiro lugar,
falar da operación "Pokemon" e das declaracións de varios implicados
que estes días se fixeron públicas. Dixen que é un sumario complexo e en fase de
instrución no que hai declaracións autoinculpatorias, na que dirixentes de
Vendex recoñecen que fixeron pagos a políticos e funcionarios para que os
intereses desta compañía víranse favorecidos.
E que hai algunhas persoas que recoñecen recibir estes pagos, pero que outros o negan con rotundidade.
Polo tanto debemos
estar ao resultado final deste sumario e a sua elevación ao Tribunal que ha de
ocuparse do seu axuizamento e si hai probas, condenar con contundencia aos
delincuentes.
Falamos tamén do Pleno
do Congreso, que o pasado martes rexeitou, co voto de 178 deputados populares
presentes, unha iniciativa socialista que pedía a retirada do Anteproxecto de
Lei do Aborto por 183 votos en contra, 151 votos a favor e 6 abstencions.
Lamentei a forma de
facer oposición do PSOE que se centra únicamente en pedir a retirada de boa
parte das leis que propón o Goberno, anunciando a súa derrogación ata antes de
que cheguen ao Parlamento e ata antes de que sexan Anteproxecto.
Dixen que non é
entendible nin democrático que o PSOE busque con esta iniciativa non modificar
o citado Anteproxecto de Lei, non reflexionar ou profundar ou dialogar sobre
el, senón que queren retiralo só para que non haxa debate.
Desde o GPP xa dixemos
que o texto é susceptible de debate, de mellora, de novas achegas e de diversos
enfoques e, con esa idea, tendemos a man do diálogo ao resto dos grupos para
alcanzar a solución que satisfaga a todas as sensibilidades.
Recordei que cando os
socialistas aprobaron a anterior reforma, esta non figuraba no seu programa e
levárona ás agachadas do seu propio electorado, ningún ministro veu comparecer
ao Congreso e só cando a lei xa estaba aprobada e publicada no BOE a ministra
Aído acudía á Cámara a despachar as comparecencias que tiña pendentes.
Nos últimos minutos falamos da reforma do Regulamento do Congreso, que o meú Grupo Parlamentario considera moi oportuna.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta.