“Buscamos facer da nosa
periferia, centro; das nosas ideas, empregos; e da nosa galeguidade,
oportunidade”, dixo Conde, que co obxectivo de acadar ese crecemento do 5%
definiu a planificación, o posicionamento, o produto e as persoas como eixos da
estratexia galega nos mercados internacionais.
Adiantou aos empresarios galegos
en Madrid que presentará nas próximas semanas o Plan Estratéxico da
Internacionalización da Economía Galega, que está a elaborar o Igape. “ Debemos
gañar unicidade e evitar a dispersión dos nosos esforzos, concentrando os nosos
impulsos e estratexias para chegar mellor a mercados e institucións, e este
plan marcará as liñas mestras dese traballo”, dixo.
Salientou o traballo de
planificación que o seu departamento xa está a levar a cabo, con éxitos como o
Programa Primex, que ten permitido a máis dun cento de empresas
internacionalizarse colaborando entre elas.
En canto á mellora do
posicionamento de Galicia, Francisco Conde destacou que se apoia especialmente
na Marca Galicia, na Rede Pexga, na diplomacia económica e na Rede
Internacional de Empresarios e Profesionais de Orixe Galega, da que Aegama é un
membro moi destacado.
“Buscamos captar capital
paciente, investimentos a longo prazo con vocación de permanencia, e incluso
estamos dispostos a formar joint ventures para facilitar a implantación,
ademais de impulsar a relocalización industrial”, subliñou. Esa atracción se
impulsará este ano con 30 millóns de euros, cos que o Goberno galego espera
mobilizar 150.
Conde referiuse ademais á mellora
do produto como clave para a competitividade do tecido empresarial galego, e
neste senso salientou o éxitos de programas que permiten a cooperación
innovadora de empresas, centros tecnolóxicos e universidades, como o
Innterconecta e o Conecta Pemes, que están a mobilizar 250 millóns en proxectos
clave na automoción, o naval, a madeira, a biotecnoloxía ou os novos materiais,
entre outros sectores.
“Pero innovaremos especialmente a
través da Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3), que guiará a
mobilización de 1.660 millóns desde este mesmo ano ata 2020”, destacou Conde,
que definiu a RIS 3 como unha “oportunidade histórica” para Galicia.
Por último, o conselleiro de
Economía e Industria puxo o acento sobre as persoas como clave para que Galicia
complete con éxito a súa estratexia internacionalizadora.
Conde comprometeu o
apoio da Xunta ao talento emprendedor, innovador e internacionalizador, con
ferramentas como a Lei do Emprendemento e da Competitividade de Galicia, o
programa para atraer aos mellores investigadores, e o desenvolvendo un
ambicioso programa de especialistas en internacionalización que axuden ás
empresas a crecer fora.
Pero resaltou que, antes que
ninguén, a clave do talento galego son os propios empresarios. “Son eles os que
teñen o coñecemento, as ideas clave, os que cada día innovan para mellorar os
seu procesos e os seus produtos. Son os líderes dese esforzo”, asegurou.
Como mostra de que Galicia xa
está no bo camiño na súa expansión internacional, o conselleiro resaltou que a
comunidade pechou os once primeiros meses de 2013 un crecemento das
exportacións de preto dun 9%, e unha balanza comercial positiva cercana aos
3.300 millóns de euros.
E destacou como obxectivo clave
do comercio exterior galego, que o peso das exportacións no PIB de Galicia
medre desde o 33% actual ata o 38% en 2020, achegándose ás cifras de potencias
exportadoras como Alemaña.
Sen dúbida unha excelente
intervención.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta.