Hoxe tivo lugar no Parque Tecnoloxico de Galicia en San Cibrao das Viñas unha reunión do Consello Asesor de CIS Madeira que presidiu o Conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde.
Nela foi abordada a Estratexia Integral de Impulso da Biomasa en Galicia que persegue activar unha industria asociada á valorización enerxética da biomasa impulsando o consumo deste combustible con fins térmicos.
Coa posta en marcha deste plan, sinalou o conselleiro, aspírase a “mellorar o mix enerxético de Galicia e impulsar unha enerxía limpa da que temos o recurso e podemos ser moi competitivos”.
O conselleiro tamén subliñou que, a través desta Estratexia, o Goberno galego aspira a reducir a dependencia enerxética dos derivados do petróleo, acadando un aforro económico de 70 millóns ao ano. Ademais, diminuirase o gasto anual en calefacción e auga quente de familias, empresas e administración pública grazas a instalación de caldeiras que poden xerar aforros superiores ao 50%.
Para isto, como primeira medida o Inega activará unha liña específica de case 10 millóns de euros para a implantación de equipos de biomasa térmica. Unha aposta que será acompañada polo Igape, que introducirá a biomasa como actividade preferente, dotando dunha maior intensidade de apoio aos proxectos que se presenten ás distintas liñas de axuda; e pola Axencia Galega de Innovación, que prestará especial atencións aos proxectos innovadores que se presenten ás liñas de axuda cando estean destinados á mellora tecnolóxica empresarial do sector forestal.
O titular de Economía e Industria salientou que a nova estratexia ofrecerá ao sector un marco adecuado para potenciar unha industria con claros beneficios ambientais, enerxéticos e económicos, cunha incidencia especial no medio rural galego. Así, desenvolverase como unha prioridade transversal que se executará en estreita colaboración coa Consellería de Medio Rural e do Mar.
Salientar que o CIS Madeira, ubicado en Ourense, tense convertido nos últimos anos nun referente de eficiencia e produtividade que desempeña un rol moi destacado na mellora do sistema de innovación no sector madereiro galego, e que desenvolve actuacións no sector forestal, no da primeira e segunda transformación e tamén no eido dos biocombustibles.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta.