domingo, 23 de marzo de 2014

Morreu Adolfo Suárez: un "político exemplar"

Acabo de coñecer a moi triste noticia do falecemento do Presidente Adolfo Suarez. 


Un gran político centrista que da man do Rei Juan Carlos dirixiu a transición desde o réxime franquista sen continuismos, e sen unha ruptura traumática.


Protagonizó en medio de enormes dificultades, unha exemplar transformación democrática a través dun proceso de reformas con orde e liberdade. O consenso foi sempre a súa guía.


As eleccións de 15 de xuño de 1977 deron á UCD que presidía, o 35 % dos votos (6.220.889) e 165 escanos. O partido socialista contou co respaldo do 29 % dos votos chegando a obter 118 deputados. 



A partir deste momento a UCD de Adolfo Suárez dirixiu a colosal operación política de cambio das institucións do Estado con prudencia, serenidade, moderación e firmeza dotando a España dunha Constitución de concordia, que foi ratificada en referendo o 6 de decembro de 1978.


Con Suárez, España paosu dun estado centralizado a un estado autonómico con respeto as nacionalidades e rexións que a conforman. Lembrar que Galicia acadou na sua estapa a autonomía coa aprobación en 1980 do seu Estatuto.


Eu fun un dos moitos españois seducidos pola súa figura e polo ideario político da UCD que agora recordo: 



- A persoa no exercicio da súa liberdade, é o obxectivo primario de toda acción política. 



- Promoción e defensa da democracia e do Estado de Dereito. 


- Concepción liberal e pluralista da vida e da cultura. 

- Proclamación e asunción dos valores humanistas da ética de tradición cristiá. 

- Adopción dun sistema de economía social de mercado garantindo a xustiza e a igualdade social. 

As súas decisións claramente aperturistas e democráticas, moderadas e ao tempo audaces, leváronme a que me afiliase ás mocidades de UCD en 1978. Era entón un mozo estudante de Dereito na universidade de Santiago de Compostela. 
l
Con Adolfo Suárez, naceron as miñas inquietudes políticas e foi, e seguirá sendo un referente de como debe facerse a política con maíusculas. 

Descanse en paz.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta.