Asistín esta
tarde na Catedral de Santa María a Real da Almudena de Madrid ao Funeral de
Estado polo Excmo. Sr. D. Adolfo Suárez González, Presidente do Goberno e Duque
de Suárez, falecido o pasado domingo, 23 de marzo.
Os Reis,
acompañados polos Príncipes de Asturias, presidiron o funeral ao que asistiu o
presidente do Goberno, a vicepresidenta e o resto de membros do Gabinete, a
excepción do ministro de Economía e Competitividade, de viaxe en Atenas por
compromisos comunitarios.
Ademais de
familiares e amigos de Suárez, á cerimonia tamén acudiron os máximos responsables
das máis altas institucións do Estado, todos os presidentes autonómicos e
numerosos representantes estranxeiros, así como os expresidentes do Goberno
Felipe González, José María Aznar e José Luís Rodríguez Zapatero.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta.