Considero importante destacar
que o Consello de Ministros aprobou onte o Real Decreto que establece a nova
metodoloxía para fixar os prezos da electricidade para o pequeno consumidor.
O ministro de Industria, Enerxía e Turismo, José Manuel Soria, explicou que con este sistema ese prezo xa non estará determinado por unha poxa eléctrica trimestral, senón que será o do mercado.
Subliñou o aforro que o cambio supoñerá para os consumidores, xa que se elimina o custo que no sistema anterior existía en concepto de cobertura para garantir o prezo ao longo do trimestre.
Nos últimos cinco anos, sinalou, esa cobertura implicou 1.671 millóns de euros, e o novo método comportará un aforro duns 500 millóns só no primeiro trimestre deste ano.
O ministro destacou, ademais, que o sistema
aprobado onte permite incrementar a competencia, xa que establece que o número
mínimo de clientes para poder constituír unha comercializadora baixa de 100.000 a 25.000.
En definitiva, asegurou, que aumenta a capacidade de elección do consumidor, que poderá elixir entre pagar o prezo de mercado e dous sistemas alternativos: o contrato bilateral coa compañía eléctrica ou un contrato estándar de duración anual que as empresas obligatoriamente terán que ofrecer aos usuarios por si estes prefiren optar por unha maior estabilidade nos prezos. No caso do prezo do mercado, será o promedio durante o periodo da facturación e será fixado polo operador do sistema, Rede Eléctrica Española. Si o consumidor dispón dun contador intelixente conectado e integrado, se facturará por horas ao prezo de cada unha no mercado, detallou Soria.
O ministro de Industria sinalou que as compañías contan desde o 1 de abril ata o 1 de xullo para adaptar a facturación. Na primeira factura emitida co novo sistema, terán que devolver aos seus clientes o diñeiro que pagaron de máis durante o primeiro trimestre.
A contía global das devoluciones ascenderá a uns 300 millóns e cada usuario
recibirá o que lle corresponda segundo o seu consumo. En canto ao momento da
devolución, José Manuel Soria afirmou que dependerá de cada compañía:
"Quen antes adopten o novo sistema de facturación antes devolverán; para
quen esgoten os tres meses e cheguen ata o 1 de xullo, o último día para
devolver será o 30 de agosto".
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta.