Participei
hoxe no habitual faladoiro de Radio Voz na que a moderadora, Antía Díaz Leal,
propúxonos falar en primeiro lugar da problemática da pesquería da xarda.
De entrada
celebrei como onte mesmo chegaba a noticia de que na sexta rolda de
negociacións en Londres dos Estados Costeros do atlántico Noroeste,
alcanzábase un acordo nas autoridades pesqueras de Noruega e as Illas Feroe e
a Comisión Europea.
Neste acordo,
España consegue unha cota de 40.473 toneladas de xarda.
Incremento que beneficiará ao cerco galego que dispoñerá este ano de 3.400 toneladas en total, cando o ano 2013 dispuxo de 1.600 toneladas. Dixen que a decisión que debe afrontar agora ao sector é o do reparto da cota entre o propio sector, tal e como ocorreu xa noutros territorios. Recordei que a disposición da Xunta ao diálogo é continua, coa man tendida para chegar a acordos en relación coa xestión da pesquería da xarda. Así o afirmou reiteradamente a conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, tras reunirse cunha parte do sector do cerco onte en Santiago, xuntanza na que tamén estivo presente o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda.
A Xunta non pode máis que
facer de intermediaria entre dúas partes do sector que están discutindo como se
pode facer a mellor xestión da cota. Tamén
falamos das protestas producidas diante do Parlamento de Galicia que
desembocaron en actuacións violentas de manifestantes que deberon ser
reprimidas pola Policía.
Recordei que en España houbo en 2013 máis de 6.000 manifestacións, a inmensa
maioría pacíficas e que só nunhas poucas houbo incidentes e foi necesario o uso
da forza policial empregada polos axentes da Unidade de Intervención Policial,
os antidisturbios.
Afirmei que son inaceptables as accións violentas durante as manifestacións e que non é posible xustificar a violencia nin utilizala como pretexto ou
coartada para defender as reivindicacións.
E que hai qu distinguir entre o lexítimo exercicio dun dereito fundamental
manifestándose pacíficamente --amparado pola Constitución-- e a actuación de
persoas que se manifestan violentamente, contra os cales a policía actúa
lexitima e exemplarmente.
E sobre o proxecto de Lei de Seguridade Cidadá que quere aprobar o Goberno dixen
que garante máis e mellor, xurídicamente, o dereito de manifestación.
Pero tamén garante que persoas que esnaquizan mobiliario ou queiman
contenedores sexan sancionados como corresponde, porque alteran a seguridade
cidadá.
Finalmente falamos do anuncio efectuado por Feijóo de que este mes a Xunta de
Galicia dotarase dun cógio ético que protocolice o bo uso dos bens públicos e
que restrinxa ou prohiba todo tipo de agasallos na administración pública.
Valoreino como moi positivo, e manifestei o meu apoio total e convencimento en
que será cumprido este compromiso pois busca protocolizar as responsabilidades
que as leis non concretan e procurar unha conduta adecuada por parte dos cargos
institucionais.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta.
|