viernes, 21 de marzo de 2014

Conferencia na Cámara de Comercio de Santiago de Compostela


Co presidente Jesús Asorey
Onte fun invitado pola centenaria Cámara de Comercio de Santiago de Compostela a pronunciar ás 19,30 horas unha conferencia sobre o papel das Cámaras Oficiais de Comercio, Industria, Servizos e Navegación no século XXI, no marco do 125 aniversario da entidade cameral. 

Salientar que a Cámara de Santiago foi fundada o 25 de febreiro de 1989 por un grupo de 41 comerciantes que nomearon presidente honorario ao compostelan Eugenio Montero Ríos, o ministro de Fomento, que impulsou estas Corporacións.

Na miña intervención coincidente no tempo coa aprobación esa mesma mañá da lei de Cámaras fixen unha análise do seu contido.

Trasladei varias mensaxes, unha delas, que é imprescindible que os grandes, medianos e pequenos empresarios de cada demarcación deben implicarse en apoiar as suas Cámaras e realicen achegas voluntarias en función das súas posibilidades.

Engadín que ademais que as Cámaras deberán estreitar e coidar as súas relacións coas diferentes administracións públicas e colaborar coas organizacións empresariais.