domingo, 23 de marzo de 2014

Remata en Ourense a Conferencia de presidentes de gobernos provinciais de España

Asistin hoxe no Teatro Principal de Ourense ao acto de clausura da I Conferencia de presidentes de gobernos provinciais de España.

 Salientar que o acto foi amenizado pola actuación da afamada Coral de Ruada.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, agradeceu o consenso o que chegaron os presidentes que participaron o longo destes tres días na conferencia –máis da metade dos gobernos provinciais de España, representando a 9 das 12 comunidades autónomas que non son uniprovinciais-, así como os seus relatorios e achegas realizadas pensando sempre en como prestar mellores servizos públicos, e tamén os debates plantexados desde o punto de vista dos executivos e afastados de demagoxias.

Anunciou que en 2015 será a Deputación de Badaxoz quen tomará o releo de Ourense para organizará e dar continuidade á Conferencia de presidentes de gobernos provinciais, e que no 2016 este labor corresponderalle á Deputación de Cuenca. "É o maior logro desta primeira reunión: o éxito da fórmula e a decisión de darlle continuidade. Non nos equivocamos", expresou Baltar, engadindo que son moitas as cousas de que falar, "sempre coa innegable vocación de servizo público que nos une, e, nesta ocasión, con relatorios sobre temas de tanto interese como foron a modificación do réxime electoral, a xestión cultural, o perfil da deputación como concello de concellos, ou reflexións para reaccionar diante de feitos tan graves como a despoboamento do medio rural"

Baltar dixo que esta conferencia serviu para avanzar no que considera son as características principais dos gobernos provinciais do século XXI: a previsibilidade –contar cun plan de xestión e estratexia operativa-, a cooperación, a medioambientalidade -gobernos verdes e sostibles-, o rigor económico e presupostario, e a transparencia para gañar en achegamento o cidadán, con que debemos compartir toda a información porque é súa; porque as deputacións son súas".

Declaración institucional

O presidente da Deputación de Badaxoz, o socialista Valentín Cortés Cabanillas, deu lectura á declaración institucional conxunta desta primeira Conferencia de presidentes de gobernos provinciais destacando que o novo marco competencial e de racionalización "ten que vir acompañado dun novo marco de financiamento, non só para as provincias senón tamén para os municipios que, por primeira vez na nosa historia, debería encadearse necesariamente a un marco de financiamento autonómico".

O documento fai tamén referencia o problema do despoboamento do medio rural, considerando necesaria a aplicación de políticas de discriminación positiva no ámbito fiscal e económico, á vez que se habiliten mecanismos de reparto de fondos procedentes da Administración do Estado e das CCAA baseados en indicadores que non só teñan en conta a poboación senón tamén un financiamento especial para aquelas provincias e territorios cun claro risco de despoboamento.

"Entendemos necesaria –sinala o texto da declaración- unha potenciación das provincias como condición indispensable para evitar a supresión de municipios, dado o carácter subsidiario da actuación da provincia, en complementariedade cos municipios, que, ademais, facilitará economías de escala e promoverá a delegación de funcións e un maior achegamento dos servizos os cidadáns".

Remata o documento subliñando que é a hora das provincias, de actualizalas, "pero mantendo sempre o seu vigor histórico, o seu servizo permanente e a súa constante adaptación ás necesidades da cidadanía, respectando o papel clave da provincia como nivel de goberno local".


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta.