Hoxe o voceiro do GPP no Parlamento
de Galicia, Pedro Puy Fraga, fixo unhas declaracións sobre financiamento autonómico
que comparto integramente e por iso fágome eco neste blog:
“Calquera sistema de financiamento autonómico debe
partir do suposto de que se garanta a suficiencia na prestación dos servizos públicos
básicos e esa suficiencia se garante só se se ten en conta o custo diferencial
da prestación en cada territorio deses servizos públicos básicos”.
Pedro Puy – experto nestas materias -
avogou por unha negociación multilateral, que se transforme nun acordo “ao que
se sumen a maior parte das comunidades autónomas, senón todas”.
Puy recordou que o sistema vixente na
actualidade data do ano 2009, cando foi negociado polo anterior Goberno do
Estado. “A Xunta apoiou este sistema non porque fose o óptimo ou tivese en
conta as variables que Galicia pedía que se incluísen no modelo, senón porque
naquel momento se estaba discutindo que se ía facer coas liquidacións negativas
dos anos 2008 e 2009”.
O acordo definitivo supuxo unha prorroga de cinco anos
para a devolución destas liquidacións, coa conseguinte repercusión positiva na
economía galega nestes anos.
IGUALDADE NA PRESTACIÓN
Pedro Puy sinalou que o sistema de
financiamento autonómico debe garantir unha igualdade mínima na prestación dos
servizos públicos básicos en todo o Estado, que “non dependa estritamente da
poboación senón que debe estar en relación co custo da prestación deses
servizos en cada territorio, nos que se dan distintas circunstancias”.
Tamén sinalou que a Xunta de Galicia
vén defendendo historicamente unha postura
dirixida a garantir o principio de suficiencia na prestación dos
servizos públicos básicos. “Estamos a comprobar nos propios orzamentos que o
actual sistema, que non prexudica en exceso a Galicia, non chega para cubrir a
suma de gastos que a comunidade autónoma ten en sanidade, educación e servizos
sociais”, especificou.
REUNIÓNS OPORTUNAS
Afirmou que “a posición de Galicia
debe centrarse en buscar esa garantía do financiamento dos servizos públicos
básicos, tendo en conta o custo real da súa prestación”, e considerou moi oportunas as reunións
celebradas pola conselleira de Facenda da Xunta con outras comunidades
autónomas que comparten estes principios”.
Neste sentido, subliñou que “hai que
facer unha labor de posta en común de principios que se incorporen á reforma do
financiamento autonómico”, porque “cantas máis comunidades autónomas compartan
a idea de que todos os cidadáns de España teñen dereito a un financiamento que
garanta un nivel similar de prestación dos servizos públicos básicos, moito
mellor será para Galicia, onde temos algunhas prestacións que, pola estrutura do
asentamento da poboación no territorio ou pola pirámide de poboación, esixen un
esforzo maior para a prestación de servizos sanitarios ou servizos sociais”.
Rematou Pedro Puy rexeitando o principio de ordinalidade defendido polo Partido Socialista de Galicia, “que implica unha restrición a través do sistema de financiamento autonómico de tal maneira que ningunha comunidade pode ter máis recursos por habitante dos que lle correspondería en función do seu produto interior bruto, porque desfai o principio de igualdade na prestación dos servizos públicos básicos en toda España”.
Rematou Pedro Puy rexeitando o principio de ordinalidade defendido polo Partido Socialista de Galicia, “que implica unha restrición a través do sistema de financiamento autonómico de tal maneira que ningunha comunidade pode ter máis recursos por habitante dos que lle correspondería en función do seu produto interior bruto, porque desfai o principio de igualdade na prestación dos servizos públicos básicos en toda España”.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta.