martes, 8 de abril de 2014

Rajoy: "Votar non abonda para que un acto sexa democrático, pois a esencia da democracia é o respecto á lei"

Dedicamos esta tarde no Pleno do Congreso ao importante debate da toma en consideración da proposición de Lei do Parlament de Catalunya que pretende a delegación na Generalitat de Catalunya da competencia para autorizar, convocar e celebrar un referendo sobre o futuro político de Cataluña.

O presidente do Goberno Mariano Rajoy defendeu a posición do Goberno e durante a súa intervención, expuxo as razóns polas que non se pode atender esta petición: "Nin a competencia que demandan é transferible, nin o propósito para o que a solicitan é conforme á lei". Ambas as dúas cousas, ten dixo, "chocan abertamente contra a Constitución".

Recordou que a Constitución, que foi aprobada en Cataluña co referendo do 90,4% dos cidadáns que acudiron ás urnas, atribúe ao Estado a competencia exclusiva en materia de referendo. "A titularidade das competencias exclusivas é indelegable. Se este Parlamento tivese a potestade de transferir a titularidade de todas as competencias exclusivas, estas Cortes terían a posibilidade de liquidar a Constitución e o Estado mesmo sen o concurso nin a aprobación do conxunto dos españois", dixo.

Rajoy resalte que tampouco está permitido autorizar un referendo cuxo propósito sexa radicalmente contrario á Constitución. "O que pretende ese referendo, independentemente dos eufemismos con que se camufle, é proclamar unha soberanía que non existe porque a nosa Constitución non a recoñece", subliñou.

O presidente reitero que "nin este Goberno, nin as Cortes Xerais, nin o Parlamento de Cataluña poden lexitimamente privar de xeito unilateral ao conxunto do pobo español, único titular da soberanía, do seu dereito a decidir sobre o futuro colectivo,".

Con firmeza Rajoy nego que Cataluña sufra "unha opresión insoportable" e un trato discriminatorio respecto a outras comunidades; ademais, recordou que nunca gozou dun nivel de autogoberno como o actual. O presidente tamén rexeitou o que, ao seu xuízo, é unha terxiversación do significado do dereito a decidir: "Os habitantes de cada comunidade autónoma teñen dereito a escoller quen goberna a súa autonomía, pero non teñen ningún dereito a decidir que habemos de facer con España". E defendeu que votar non abonda para que un acto sexa democrático, pois "a esencia da democracia é o respecto á lei".

O xefe do Executivo subliñou a importancia de explicar as consecuencias que a ruptura co resto de España tería para os cidadáns que viven en Cataluña, como a perda de riqueza ou a saída da Unión Europa e do euro, da ONU e dos tratados internacionais. Cando alguén está a formular á xente unha deriva que lles obriga a escoller, a optar ou a renunciar a unha parte do que agora teñen," debe ter a honestidade de contar tamén os riscos e o custo desa renuncia, manifestou.

Ademais, Mariano Rajoy sinalou que os que non están conformes co modelo actual contan coa opción de iniciar os trámites para reformar a Constitución. Insistiu, igualmente, na súa disposición ao diálogo, "sempre, como é obvio, que se produza dentro dos límites que nos esixe a Constitución e sobre aquelas cuestións que a Constitución nos permite dialogar".

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta.