Difunde o INE esta mañá o Avance
provisional da Estatística do Padrón Continuo en España e así sabemos que o
total de persoas inscritas no Padrón Continuo en España 1 de xaneiro de 2014 é
de 46.725.164 habitantes, o que supón unha disminución de 404.619 persoas
respecto dos datos a 1 de xaneiro de 2013.
Deste total, 41.724.906 teñen nacionalidade española e 5.000.258 son estranxeiros, o que representa o 10,7% do total de inscritos.
Durante o ano 2013, o número neto de españois inscritos experimenta un aumento de 141.361 persoas (0,3%), mentres que o de estranxeiros descende en 545.980 (- 9,8%). Entre estes últimos, os pertencentes á UE-28 diminúen en 313.446 (ata un total de 2.047.532 persoas), mentres que os non comunitarios redúcense en 232.534 persoas (situándose en 2.952.726).
O 49,1% do total de inscritos no Padrón son homes e o 50,9% son mulleres. Entre os españois hai mais mulleres (51,1%), mentres que entre os estranxeiros predominan os homes (51,2%).
O 86,6% da población empadronada naceu en España e o 13,4% no estranxeiro. Por nacionalidade, o 95,9% dos españois naceu en España, mentres que no caso dos estranxeiros esta cifra é do 9,3%.
Desde que en 1998 comezáronse a publicar as Cifras oficiais de poboación provenientes da Revisión padronal a 1 de xaneiro, a poboación empadroada en España aumentou todos os anos. Entre 2012 e 2013 empezou a diminuír e este ano experimenta un descenso de 404.619 persoas, según os datos provisionais.
Durante estes anos o aumento foi debido, fundamentalmente, á inscripción de estranxeiros, cuxa cifra pasou de 923.879 no ano 2000 a 5.747.734 en 2010.
En 2011 e 2012 as inscripciós netas de estranxeiros xa foron negativas (-15.229 e -190.020, respectivamente). E en 2013 produciu o maior descenso (- 545.980).
Por idades, o 16% da poboación ten menos de 16 anos, o 39,4% ten entre 16 e 44 anos e o 44,6% ten 45 ou maís anos.
A idade media da poboación inscrita no Padrón é de 42,2 anos. A dos españois é de 43,0 anos e a dos estranxeiros de 34,9 anos.
No último ano a poboación diminúe en todas as
comunidades autónomas e so auménta nas cidades autónomas de Ceuta (783 persoas
mais) e Melilla (771 mais).
As comunidades autónomas mais poboadas seguen sendo Andalucía, Catalunya, Comunidade de Madrid e Comunitat Valenciana.
As comunidades autónomas mais poboadas seguen sendo Andalucía, Catalunya, Comunidade de Madrid e Comunitat Valenciana.
Comunitat Valenciana (-118.599), Andalucía (-47.665) e Comunidade de Madrid (-47.279) rexistran as maiores reducións de población en terminos absolutos entre o 1 de xaneiro de 2013 e o 1 de xaneiro de 2014. Pola súa banda, os menores descensos de poboación corresponden a País Vasco (- 2.833 persoas), A Rioja (- 3.283) e Cantabria (-3.320).
As comunidades autónomas con menos poblacion seguen sendo A Rioja, Cantabria e Comunidade Foral de Navarra.
En terminos relativos, as maiores reducións de poboación preséntanse en Comunitat Valenciana (-2,3%), Aragón (-1,7%) e Castela-A Mancha (-1,2%).
A proporción de cidadáns estranxeiros sobre o total da poboación residente en España se sitúa en o 10,7%.
As comunidades con maior proporción de estranxeiros son Illes Balears (18,3%), Región de Murcia (14,7%) e Comunitat Valenciana (14,7%). A cidade autónoma de Melilla tamén ten un das porcentaxes mais altos (15,0%).
Pola contra, as que teñen menor proporción de estranxeiros son Estremadura
(3,4%), Galicia (3,6%) e Principado de Asturias (4,2%).
Durante o ano 2013 o número de estranxeiros diminúe en todas as comunidades autónomas e so increméntase na cidade autónoma de Melilla (85 mais).
As comunidades autónomas que rexistran as maiores reducións de poboación estranxeira en terrminos absolutos son Comunitat Valenciana (- 131.366), Comunidade de Madrid (- 83.628) e Catalunya - 72.496).
Datos de Galicia:
Galicia pasou de contar con 2.765.940 habitantes o 1 de xaneiro de 2013 a contar con 2.747.559 ao comezo de 2014, o que supón perder 18.381 persoas, un descenso do 0,7 por cento.
A cifra de estranxeiros diminuíu en 12.099 persoas (un 11 %) ata os 97.863 rexistrados o que representa o 3,6 por cento do total de residentes na comunidade.
Ademais, os datos do INE indican que dos 314 municipios cos que conta Galicia, 231 teñen entre 1.001 e 10.000 habitantes; 50, entre 10.001 e 50.000 persoas; 26, menos de mil; catro de 50.001 a 100.000; e tres, máis de 100.000.
Datos de Ourense:
A provincia de Ourense pasou de contar con 326.724 habitantes o 1 de xaneiro de 2013 a contar con 322.239 ao comezo de 2014, o que supón perder 4.485 persoas.