O pasado 14 de abril coñecimos os últimos datos da enquisa
sobre intencións de voto ante as eleccións europeas de 2014, que o Parlamento
Europeo encargou a TNS Opinión. Reflicte o estado actual da opinión pública nos Estados membros da Unión Europea
e así o reparto de escanos segundo este
estudo sería:
O PPE, a
familia política do centrodereita europeo gañaría as eleccións e obtería o 213
escanos.
A Alianza Progresista de Socialistas e Demócratas S&D,quedaría en segundo lugar, con 209 escanos.
A Alianza dos Demócratas e Liberais por Europa (ALDE), sería a terceira forza con 61 escanos.
O Grupo da Esquerda Unitaria Europea-Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), chegaría a 49 escanos e sería a cuarta forza.
O Partido Verde Europeo alcanzaría 42 escanos, situándose en quinto lugar.
En sexto lugar aparece a Alianza Europea de Conservadores e Reformistas que tería 38 escanos.
E en sétimo lugar quedaría Europa da Liberdade e a Democracia (EFD) que obtería 32 escanos.
Tamén no estudo hai escanos para os non adscritos e outros.
Unha vez mais convén
lembrar que o próximo 25 de maio máis de 400 millóns de europeos
fomos convocados ás urnas para elixir a 751 eurodiputados, dos cales 54 serán
españois. Serán estas as sétimas eleccións que se celebran no noso país desde
aquelas xa afastadas que tiveron lugar en 1987. Entón, o Parlamento Europeo,
que alcanzara tal condición desde a súa elección por sufraxio universal en
1979, non era moito máis que unha asemblea consultiva.
Tralas sucesivas reformas do Acta Única e os tratados de Maastricht, Ámsterdam, Niza e Lisboa, o Parlamento Europeo é non só o órgano representativo dos cidadáns europeos, senón tamén o colexislador, en pé de igualdade co Consello de Ministros na inmensa maioría das competencias lexislativas atribuídas á Unión.
Si temos en conta que entre o 70
% e o 80 % das disposicións lexislativas que regulan as nosas vidas proveñen
directa ou indirectamente de Europa, non resulta difícil argumentar en favor da
transcendencia destas eleccións. Ademais, o Tratado de Lisboa incorpora a esta
convocatoria a elección indirecta do presidente da Comisión polos cidadáns, que
terán a oportunidade de elixir entre os diferentes candidatos presentados polos
partidos políticos europeos.
Termino citando unhas recentes palabras de Mariano Rajoy no Pleno do Congreso :
“Tamén fai máis de seis décadas, o meu paisano, Salvador de Madariaga, cuxa
vida e obras demostran que se pode ser ao mesmo tempo profundamente galego,
rabiosamente español e apasionadamente europeo, afirmou que Europa non será
unha realidade ata que non o sexa na conciencia dos cidadáns. Non hai expresión
máis rotunda de tal desexo que o feito de participar na articulación desta
Unión Europea que, tras superar a crise económica e financeira máis profunda da
súa historia, enfilou xa a senda da recuperación e a creación de emprego. Por
iso, permítanme que conclúa esta intervención animando aos españois e a todos
os europeos a acudir ás urnas o próximo 25 de maio e a contribuír así a
conformar o futuro de Europa, que é o noso.”
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta.